Mostrando entradas con la etiqueta ferrol. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ferrol. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de agosto de 2012

Triatlón Cidade de Ferrol

Buenor días chavalada! A ver se atendemos máis ó blog que ta abandonado perdido, moito debedes de tar adestrando... a ver si se nota o sábado!



Pois onte (Domingo) dous intrépidos OEA's (Sergi + Oscurito que escribe) xunto co peluquero máis coñecido do Pino, Cesar, fomos a Ferrol a competir un pouco neste triatlon.

Como non, na proba popular, en distancia mini-sprint porque nas outras non podemos (como me houbera gustado "competir" con JGNoya pero es lo que hai. Ás 7:45 veume buscar Sergi, e logo de preparar os bártulos poñemos rumbo cara Ferrol, non sen antes equivocarnos e parar nun mercadillo próximo porque Sergi "Ví una carpa azul y creí que era la mesa de inscripciones", pois non, era pa montar un puesto de bacalao.

Ó que ibamos, alí topamos con Cesar e aparcamos xuntos. Preparación de material (algo escasos de tempo). As dudas de neopreno si/no chegan ata o final. Rompenme tanto a cabeza que decido ir sin el. Hoxe ademáis decidín probar a deixar postas as botas nos pedales, pa facer as transicións like a pro. Dirixímonos para quentar á auga.

A verdade e que a mezcla de aceite/gasolina/auga de mar non era a ideal, pero mantíñase nunha boa temperatura. Alí estábamos, 107 valientes en fila mirando para a primera boya, e moitísimos máis espectadores animando. Arrancamos!

Houbo que correr 30 metros ata poder nadar, así que xa o fago mal e perdo moitos puestos, delao miña Sergi, e Cesar que decide tomalo con calma sale por atrás. Na primeira boya houbo de todo menos caricias. De ahí a segunda vou facendo máis eses ca unha miñoca borracha e perdo a estela de Sergi, que sale co grupo de cabeza. Eu na parte media sobrevivindo. Había que correr uns 400 metros ata a transición e salín medio aturdido.

Collo a bici e salto nela e engancho as botas como podo, pero gano bastante tempo. Ó contrario que Sergi, que saliu en dirección prohibida pola zona de transición e atropelou a todo canto neno atopou por diante jajajaja qué crack!. Bueno, xa tamos, outra vez toca remontar, penso. Así que velocidad de crucero e a mallar. na metade do circuito cruzome con Sergi que vai tirando do grupo de cabeza. Cawen! vai primeiro e eu aqui solo peleando contra o vento... pero rápido remonto postos ata alcanzar a dous tipos que van mallando moi ben e imos dando relevos. Fíxoseme corto pero remontei unhas 40 posicións, xa estaba casi diante de todo pero tocaba baixar da bike. De Sergi nin rastro ata a transición, que o vexo saír a correr. É o meu obxetivo.

Fago unha rapida transición e paso a un par de tipos correndo. Na segunda volta alcanzo a Sergio, que vai algo atascado, eu sentíame moi ben, a xente animaba e as sensacións eran boas. Ahora corríamos xuntos como os Bronwlee ata que consigo despegarme. Por momentos cruzámonos con Cesar que parecía levar un bo ritmo. Chego a meta 6 da general e 1º da categoría. Sergi 8 da general e Cesar 27, que para ser o seu primeiro tri non está nada mal.

O mellor foi vivir o ambiente que se mascaba alí, ó ir Noya sempre trae xente (como dirían os vellos) a verdade e que estas experiencias estanme gustando cada vez máis. Dentro de 2 semanas estaremos na distancia olímpica en Coruña, e a ver que pasa... será outro cantar.

PERO! Antes haberá que dalo todo nas 12 horas BTT de Carballo, prueba que se disputa este sábado e que iremos un bo feixe de OEAs! A seguir dándolle!

Oscarito! --