"Un gran domingo"
Bueno, alá vou ca segunda crónica da semana, esta vez toca falar do II CRITERIUM OEA MTE SAN MARCOS.
Mañá de carnaval, temperatura fenomenal, o sol brillaba e despois do pequeno desayunito no new york pouco a pouco foi aparecendo xente na plaza das tetas. E un invitado de honor, o noso veciño das cabras Anxo. Parlamos alí un pouco, quitamos unhas fotiños e arrancamos dirección ó San Marcos. Por monte claro está, collemos rumbo e no medio do camiño uníusenos a nosa compañeira Isa que alí nos estaba esperando. Xa todos xuntos proseguimos a nosa andaina entre risas ata chegar ó monte. Cal foi a nosa sorpresa que alí estaba a nosa nova socia do club jeje Alfonsa, que veu vestida para a ocasión. E ademais o presi. Todos xuntos fomos cara o punto de saída xusto no alto do monte. Como era de esperar, empezaron os problemas sobre como se debía facer o criterium, Pato por un lado o Presi polo outro.....vamos que alí todo dios bouramos e decidiuse dar 2 voltas neutralizadas, todos xuntos para ver o circuito, e rodar algo e despois na terceira saída lanzada xa. E así foi, na segunda volta todos iban collendo boas posicións e no paso por meta todos coma tolos jajaja.
O tema era dar voltas ó circuito e o último en pasar de cada volta quedaba eliminado. As voltas iban pasando e ó principio xa se foron quedando Isa e José, os cales despois quitaron unhas fotos caralludas. En cabeza xa dende o principio Oscarito tomou a alternativa impoñendo un ritmo fuerte pero cómodo o cal tiven que acoplarme e rodar xuntos unhas 4 ou 5 voltas ata que xusto despois da baixada a slek salíaselle a cadea, contador esperou un pouco por el pero logo xa tirou...jajajaja (Cousas que pasan nenoo). Por detrás había tamén unha bonita batalla entre Andrés e Anxo, Ito, Pato...e un pouco mási adiante iban Suso e Carlos dandolo todo. As voltas pasaban e o calor apretaba, cada paso por meta xa se vía a mais xente na meta...quedaba menos pero bufff como lle chegaba. Xa nos últimos compases da carreira quedamos Suso, Carlos, Oscarito e eu dando voltas, o podium de Carlos está moi traballado xa que foi constante e sen problema ningún en toda a carreira. Ó final a carreira íbase decidir entre Oscarito mais eu. Decir que Oscarito lle pegou duro todo o tempo pero igual se quentou ó principio e pagouno despois aparte tiña algún problema na rodilla e tal.
Finalmente o podium quedou da seguinta maneira: 3º Carlos / 2º Oscarito / 1º Jory
![]() |
| Andrés quitando a perna..... |
Unha vez acabada a carreira veu o mellor, a comidiña de confraternización a base de pinchos de empanada e tortilla que estaban ben sabrosos por certo jajaja. Ca súa bebida, fora Isotónica, cervecita ou auga.
E bueno decir que da gusto que cando se fala de facer un evento no club sempre se intente estar ahí. O criterium saleu perfecto, non abandonou ninguén penso e todo pedaleamos o que puidemos e eso era o importante, o que mais e o que menos pasouno de marabilla.
Tamen aproveito para darlle a benvida a CARLOS T., ADRIÁN E A SERGIO que recientemente se fixeron soios OEA. (Non saben o que lles espera......jajajaja)
Un saúdo a tod@s¡¡¡
...jorge...












