Moi boas chavalada!
Aquí o Pekeno vaivos redactar cunhas breves verbas como foi o noso día no II Duathlón Cross Maside.
Parte I: Carreira a pé...
Dan a salida e todo dios a correr coma polos sen cabeza, os pros diante, Suso, Jory e Oscuriño pola metade e Taboada mais eu uns metros detrás. O circuito nin de coña era tan duro coma o de Beariz, pero a ritmo suave a min chegoume, a pata de pao a dar a vara e a agauntar. Vexo que Carlos medio se cae pa atrás do grupo porque lle doen os tendóns, e xuntos o que restaba, cruzamonos cos outros na segunda voltar para non velos ata o final... Duas voltas e carreira a pé rematada!
Parte II: Bici...
Chegamos case xuntos ao Box a facer a transición Carlos mais eu, pero el sale antes, porque? o puto casco novo que non me asentaba no meu cabezón. Arranco e veña para arriba, plato do medio, coronas do medio e acercome a Carlos, entrada no monte, e circuito moi moi moi chulo, con moitas curviñas, chanceiro e moi bo para rodar, salvo cando entrabas na herva! Tiña un par de baixadiñas pero nada dificil e podiase facer rapido, adianto a un par de personas pero sabía que era duro e que tiña que reservar forzas! Na 3ª volta adiantame o 1º...vaia fiera o tipo, que pouco mais era ca min,pero vaia pulmóns! E como non, eu para dar a nota, caio tontamente, pero nin se notou que logo montei na bici, para cando subo un repeitiño, perdo tracción (as cubertas meu!!!) e piñazo coa rodilla contra a potencia...nada veña a seguir! Sangre e algo inchada, pero por mis narices que acababa!!!Adianto a uns corredores mais e veña ao Box!
Parte III: Último sector:
En sí non era extremadamente dura a última parte, de feito era dar outra voltar ao circuíto ao sentido contrario, pero co que levabas enriba...buuf! Empecei a correr e parecía mais o Pato Lucas ca outra cousa! As pernas non tiñan gas...e subianseme os xemelgos, sufrín como un can para chegar, pero o sorriso cando cheguei onda a familia OEA non mo quitaba nadie!!!
Alí os estaban todos, uns a estirar e outros a roer. Cambiamonos rapidamente e agardamos pola entrega de trofeos onde chaman a Rodrigo, que non era eu, e mais a un tal Carlos Taboada García! Que logrou o 2º posto na categoría Junior! Fotos con campión e veña a montar nas carruaxes (C15 atravesada na carretera cortando o tráfico) a recoller as bicis e demais enseres do Box, despedida de Suso e a botar gasoil que pa casa a C15 de merda maravillosa non chegaba!
Un día moi bo para todos, bo tempo, soliño que quentaba un pouco, soplaba algo o aire, e uns 5º de temperatura; pero o mellor de todo foron as risas polo camiño e o trofeo de alevín!
Sen mais miramentos que estou en clase pandilla de becerros de amigos....Un saúdo
Pekeno

