Como comezo de tempada e a modo de confraternización entre amigos e socios, o día 2 de octubre de 2011, o club ciclista Os Esfola Arrós, organiza unha saída ata a fin do mundo: FINISTERRE.
A expedición partirá dende a gasolinera dos Ánxeles o mais seguro, onde deixaremos as mochilas cunha muda e unha manta ou similar para protexer a bicicleta no autobus de volta. A hora de KDD é as 7:30. Para chegar a Finisterre para comer. O ritmo vaia a intentar ser lento pero sen pausas. Solo algunha para avituallarnos algo e punto. Cada un deberá levar o que veza necesario, barritas, geles, platanos, bebida…..Son 90 km mais ou menos pero fanse moi levadeiros e en boa compañía mais.
Unha vez cheguemos alá teremos un sitio para ducharnos, nun hotel e a necesaria comida. O custo da comida é de 20€ mais ou menos.
Os SOCIOS OEA teñen que pagar unicamente 20 € pola comida e os NON SOCIOS que se queiran apuntar (prazas limitadas a 10-15) deberán pagar 10 € a maiores polo autobús. Resumindo: SOCIOS 20€ - NON SOCIOS 30€
Como o autobús ten que coller as bolsas coa muda en Bertamiráns hai a posibilidade de que a xente acompañante que queira poida ir cara Fisterra e comer ala tamén, pagando unicamente a comida.
En principio penso que non se me esquence nada pero bueno….
A maioría dos SOCIOS OEA están apuntados. Nos comentarios da entrada está a lista da xente que vai a ir. Día límite para anotarse o mércores 28 xa que temos que comunicarlle ó restaurante canta xente somos. Hai límite de prazas entón a xente que queira vir e non sexa socio que se poña en contacto con alguén do club e listo.
"El éxito es hijo seguro de la perseverancia y firmeza en el trabajo" ||| JoRy |||| Saúdos


subir o bajar, cortesía de David (agente de la ley al servicio del pueble 