Mostrando entradas con la etiqueta costavella. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta costavella. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de noviembre de 2011

Antenas Scala, meee mueeeeroo!!!!

Hola nenas e chavalada varia!!! xa todo vai indo ó seu cauce, e tamos salindo bastantes os domingos a rodar as MTB, así que o que queira que se apunte, como veñen facendo moita xente ultimamente e tanto nos gusta. 


Domingo-20, hora H, alí tamos nas tetas-BarNewYork dous chavales do CostaVella (Darío e Nando) Luis Casal, e os OEAs: Jorge, Pato, Andrés, Carlitos, Juan, Kiko, José, Suso Beis, Carlos (avogado) e Oscarito que está al teclado. Bien, poñámonos en materia.

Destino: Antenas, un monte que sempre gusta, pero a intención era bordear algo o Rubial, pa facer mais atractiva a cousa. Rodamos polos llanos do Outeiro, para enlazar o camiño do río, e despois poñernos en materia atacando a ladeira do rubial. PERO ANTES! tivo que abandonarnos Pato por problemas técnicos do seu ferro da segunda guerra mundial do seu pepino de bike... jajajaj o últmo parte que temos do perito-Furelos é concluyente: "ajarrotou o cable do cambio". Quedei con el na cima das Antenas, que el xa iba por carretera, pero hasta hoxe non sei nada de pato. (si alguén lee o blog e tiña vez martes ou lunes para cortar o pelo, que me confirme si ta vivo, gracias)

Volvamos ós pedales: rodamos e rodamos a empezan a sobrar kg's de roupa... Ritmo alegre e sin pausas. Cada un vaino levando como pode. Hasta arriba. Pabaixo mandan cojones, así que cada un a pintar a mona arriesgando unha posible visita ó hospital e a darlo todo. Un pouco de subida outra vez para chegar o enclave (donde se fixo o segundo avituallamento na marcha OEA). De aí para abaixo outra vez a lo loco. Chegamos abaixo, e toca algo de asfalto para enlazar co principio do Col-du-Scala.



Pinchazo de Carlos-Avogado, pero subsanamolo e seguimos. Bo dia, bo tempo, imos ben de tempo, (ah! Kiko xa nos deixou porque tiña fame). Así que o resto a subir como quere. A chavalada do Costavella sale a bo ritmo, que tratan de seguir Suso e Juan. Atrás o resto de parloteo. Primeiro descansillo, e as diferencias agrándanse, pero os máis veteranos do lugar din que é mellor jardar pa cando veñan vacas-flacas. Pois a gardar e sen hostilidades. Enganchamos a pequena baixada para afrontar o último tramo. Juan e Suso medio esperan medio sucumben o noso "demoledor" ritmo. Aproveito para tensar o pelotón, e máis de un xa queda muerto ante tal alarde de Watios. A verdad e que non quixen apretar moito. As rodas non me agarraban e quedaba constantemente patinando cual moto de cross que non da dominado tanto cabalo xunto (tou sendo irónico eh jajaja) 

Subida, subida... miro cara atrás e teño a Jorge e Suso conmigo. Boa grupeta. Sufrimos pero chegamos xuntos ó archipestoso asfalto final. Seino de memoria, e rompo a Suso poñéndome de pe. Reacciona Jorge, e coronamos xuntos. Arriba os do Costavella sin despeinarse, pero bueno, bo entreno para todos, que ainda que nunca se queira, sempre se forza para entrenar ese puntiño de gas que caracteriza á raza OEA. Todos arriba, menos Furelos, cun pinchazo (despois de rirse minutos antes do sistema tubeless, que diske el non pinchaba con cámara... jajajajaja) e... Luis Casal, que se permitiu o lujo de facer un par de subidas e baixadas máis ó monte despois de perderse... manda carallo, menos mal que tíñamos contacto visual senon ainda o tamos buscando ahora no monte jjajaja. Baixamos por donde sempre, pero algún veterano que ten os webos pelaos de baixar por donde sempre, e non quero nombrar a ANDRÉS a ninguén, perdeuse no medio da baixada e foi salir media hora despois á general... jjajajaja.

Seguimos dándolle, seguimos polo Camiño para evitar o tráfico da general, e vaia susto levou algunha... tamen poñerse a mexar no medio do camiño... creo que a dia de hoxe encolleuselle tanto o asunto que non lle volveron as ganas de mexar ainda... jajajaja. E nada, Despois camiños ruteros e llanos por monte cerrao, moi chulos. E aquí destapouse o frasco das esencias e puxéronse as cartas sobre a mesa... corría o Km45, cando saliu José-Furellara para coller o pelotón e marcarse unhas series impresionantes, das que máis de algún quedou descolgado... e a min quedoume a lengua colgando!!! todo polos camiños da marcha femenina e sufrindo, chegamos a Berta, a tomarlle as tapitas pertinentes no NY e comentar as mellores xogadas da xornada.

Qué decir, bo dia, boa ruta, boa kilometrada, risas, historias, boa compaña e mtb. Non se me ocurre qué máis pedir. Bueno..., 1€ para unha funda para Pato... jajajaja (é coña eh, non me tomedes a mal as parvadas que escribo). Así que eso chavalada, a seguir pedaleando e a seguir salindo os findes! 

Un abrazoooo!!!!!!!!! meeee mueeerooooooooo

Oscarito!