Mostrando entradas con la etiqueta pontevedra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pontevedra. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de julio de 2012

XII Triatlón cidade de Pontevedra.







PUM! pistoletazo de saída! como a vos, así me colleu a salida do tri de Pontevedra deste pasado Sábado. 14:50, sol de justicia, neopreno que me fai derretirme nos momentos previos á natación. Pero nun abrir e pechar de ollos, xa estábamos os valientes dirección á primeira boia. 

Máis que nadar, como sempre, a hostia limpia. Esta vez a premisa era clara: forzar e sair bastante adiante. Nos primeiros metros un rapaciño dos que nadan a dios, dame un codazo e quítame as gafas. Vai ser interesante. Rezágome un pouco e quedo en terra de nadie. Vamos! apreto e consigo chegar detrás do primeiro grupo, de 13º según os tempos.

Transición. Corro como un pato. Chego a bike e inicio rutina. Había decidido facer como en Poio e correr os 10 metros de transición coas zapas postas en vez de montalas a lo "pro". Error! había que correr máis de 100metros porque nos fixeron dar a volta toda por fora. Ala van as calas Keo po carallo e con elas uns valiosos segundos. Non me desespero porque sei que ahora empezaría o bo.

Pasanme dous na transición. Vou de 15. Apreto en bici e vou pasando xente. Rodei en solitario en todos e cada un dos 10km mentras adianto oponenetes ata que cheguo á cabeza. Diviso ó trio que comanda e son 3 chavales a relevos. Non é a miña guerra si quero correr medianamente decente asi que os últimos metros afloxo. Vou 4º.

2ª transición. Baixada da bici a lo pro pero cas botas. Casi me escarallo ó pisar un paso de cebra. Ánimos de los presentes. Tanto ánimo que cometo a típica e xa comun globerada en min: pásome o meu box! "merda oscar" penso. Pero non é o momento de mariconadas, volta atrás. Adiántame un.

Deixo a bike. transición boa e salgo a correr os 2500 metros. O circuito era mitad picar para arriba, e mitad para abaixo. Non se cumplira o primeiro km pasame un tipo todo follao. As pernas non queren ir. Morro coa sede. dou pasitos en vez de zancadas.

Miro para atrás e véñenme unha jauría de xente. Merda outra vez. Puta transición. E ademáis que eu nunca suelo correr... joder que mal pinta esto. Pero non lle iba regalar nada a ninguén. Apreto, recupero o ritmo. Automotívome e xa estamos no giro intermedio. Dios que solazo ás 3 e media da tarde... Gestiono a distancia co grupo perseguidor. Ánimos da xente. Apreto. Máis ánimos. Entrada triunfal.

Tardei algúns momentos en que me empezara a traballar a cabeza. Sentome e descanso. ó final 6º da xeral e 2º da miña categoría (absoluta masculina). Espero con Popi, colega co que vin desde Santiago. El entra máis muerto e pola metade, de 30 creo. Debutaba e non o fixo nada mal. Ánimos das amigas Lucía e Sandra que me animaron durante todo o percorrido. Gracias.

Pasamos de lado dunha carpa de masaxes... e decimos "Porqué no?" e fixéronnos así por que si un masaje completo a 4 manos de todo o corpo durante media hora. qué mais se pode pedir? Bueno, as cervezas que lle metimos pola zona vella de Pontevedra e o paseito tampouco tiveron precio! Sábado redondo!

Conclusión: esto dos tri mola. ir a tope todo o tempo... en 3 deportes distintos... mola. A satisfacción de rematalo non ten precio!! E os ánimos da xente o ser proba clasificatoria para o camp. español e correr a misma proba que os grandes como os que van ós xogos de London, Saleta, etc. non ten prezo.

PD: ó dia seguinte papamos 115km en carretera cos OEAS. No momento parecíame unha boa idea o do masaje. Pero cagueime en todo pa dar acabado a ruta en carretera... suputamadre!

Un abrazo OEAS! Oscurito!