Mostrando entradas con la etiqueta adrian. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta adrian. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de junio de 2012

saimos pola maña 4 oeas mais1: sergio, carlos t, adrian e eu (pai de carlos t pp) sen rumbo que si pa aqui que si pa ala. decidimos ir polo camiño do rio, mirando nas setas hacia picaraña.dandolle de comer a un can e persiguiunos durante 2 kilometros. unha vez no percorrido rotura de cadea de kiko, que si por aqui, que si por ala, nos sabiamos ven os camiños, baixamos polos cortafuegos, ali deixounos pp t e seguimos os 4 oeas camiño do milladoiro, subind polo camiño portugues, onde eu quedei no milladoiro e os outros 3 baixaron pola senda verde, espero que lles fora ben.

martes, 29 de mayo de 2012

ANTENAS PICARAÑA

Boas chavalada e corcería, como vai eso? Espero que ben. Eu aquí estou, dándolle á tecla cando podo para contarvos así por encima o que fixemos o domingo pasado, que por certo vaia día de chuvia...pfff. 

Pola mañán salimos do New York, uns cuantos: Joyero, Andrés, Necho, Adrián, un acompañante, Ito, Juan mais eu. Segundo o calendario tocaba ir á zona de Portomouro pero por consenso dixemos de ir ata as Antenas do Scala. Arrancamos e eu alí cheguei ca nova cámara de video que adquirín, a go pro. O día non era o mellor para probala peero.... ejjeje Antes de sair a familia Mosquera dounos a súa bendición para que todo nos fora ben ajjaja

Dirección Picaraña pola beira do río, pistas de bugallido, e ala chegamos. Nun punto xa escoitamos a Adrián surar en arameo...jejej o tiiiiipo xa pinchara. COMPRA TUBELESS HOMEEE¡¡¡ Bueno o dito, alí á chuvia paramos e arranxou o pinchazo. Seguimos e a idea era subir antenas da Picaraña e logo pasar para as antenas do Scala por Lampai. Así foi, subimos o primeiro pinchiño e xa os ánimos estaban algo de baixón debido sobre todo ó día e continuamos. Xa non coronamos e tiramos para o alto de Lampai. Alí tivemos un pequeno dilema de camiños, que si por este que xa o conocemos...este da dereita que xa nos leva directos....ó final collimos o que non conocíamos e alaa¡¡ bici ó lombo e a subir unha trialera de cantos rodados jaja. A espalda de Juan resentiuse neste punto ehhh xD

Xa cas forzas mermadas e unha vez no alto de Lampai unha mente privilegiada propuxo non ir as antenas pero facer a segunda parte da ruta dos do Monte Bravo ata as Galanas, e así foi. Bos camiños, zonas rápidas, algún que outro pique...jejejee chegamos ós pisos sen complicacións ainda que a zona da autopista.....xa non está tan limpa ehh.... A todo esto eu grabando coa cámara diferentes tramos pero púxena na cabeza e dios...xa me estaba cagando en todolos santos, que incomoda¡¡¡ 

Dende alí enganchamos camiño de Santiago de forma inversa para volver cara Osebe, e en Osebe collemos gaseoducto. Andrés aquí sufriu un pouco mais da conta...a rígida molalle pero non a sabe dominar nin levar ajajja e aparte o día anterior tivo certos compromisos que non veñen ó caso pero que mermaron a súa capacidade física. 

Xa para rematar fomos cara a gasolinera onde nos demos un baño todos e nos deixamos limpios como patenas, as bicis e nos jejej e con visita do noso presidente que estaba por alí de paso. Algúns foron para casa e joyero, Necho e eu fomos tomarlle as tapitas ó NY. Ali barullamos e colleunos un pouco o frío xunto con Pato, que chegou de paisano. 

E sen mais un día normalucho de BTT. Os videos por culpa da chuvia non se ven moito que digamos ajajjaja pero bueno calidade haina ehh, pronto lle sacaremos mais partidoo. Un abrazooo 

JORY

lunes, 21 de mayo de 2012

ONS- EMBALSE DO TAMBRE

Como sempre as nove e media xuntamonos un puñado de oeas (Sergio, Carlos T., Adrián, Angel, Carlos Paz, Panchito, Kiko, Andres) e unironse a nos Manolo Toimil e o  amigo dos juveniles (non me acordo do nome), e cando estabamos para marchar chegou Juan na furgona, esperamos que se prepara e arrancamos camiño do embalse do Tambre. Despois de 3 km, a altura de Castrigo empeza a larga lista de baixas do día, primeiro Sergio con problemas mecánicos e sen que nos deramos conta xa non estaba, pouco despois Carlos T. que lle perdeu aire o amortiguador e foi para casa a hinchalo. Fomos tirando cara brión e o pouco Adrián que debeu de ter remoredementos de conciencia  marchou para acompañar a Carlos, con el levouse o seu amigo...
Os que quedamos fomos tirando cara Ons pero esta vez subindo primeiro as Torres en sentido inverso da baixada da primeira marcha OEA, desde ali camiño de Rañalonga para logo facer as pistas rápidas que levan a  Ons. Aqui Kiko dounos o susto da xornada o meterse un osti...., deses que marcan epoca. Despois de perder o control da bici e ir pola cuneta un cacho sen  conseguir traer a bici a pista marcouse un recto que acabou saindo por encima da bici e quedando deitado no medio dunha silveira (pena de foto, jaaja) sacámolo de entre as silvas e despois dun lavado dos arañazos no pilón decide marchar para casa un pouco contusionado (nada de importancia) e con el Toimil para acompañalo.
A partir de aqui e xa solo 5 ciclistas facemos a ruta completa polo beira do  Tambre,  con cuidadiño (sobre todo Juan ainda dolorido do seu último contratempo)  pois non queriamos ter máis baixas no dia. Ainda houbo tempo para unha rotura de cadena de Panchito para rematar o día.
Desde aqui descenso pola baixada dos cabalos e parada obligada na de Pepe Rey, tapitas e canda un para a súa casa que facia moito frío.

un saudo

martes, 8 de mayo de 2012

PEDROSO



Bueno amigos, un domingo máis saímos os OEA. Uns en carretera direción paxareiras e Adrián, Sergio, Necho, Kiko, José (non o noso José jaja) e eu en montaña. Chegamos as tetas  as 9:30, estabamos todos dispostos a sair, pero a onde tocaba? Adrián atento o calendario xa contestou rápido e veloz “O Pedroso!” jaja. Pois bueno alá imos, empezamos a subir polo camiño de Santiago, e chegando a aldeanova por un llano sinto unha lata caer o chan, que pasou? Adrián que iba ca mochila nunha man e o movil noutra “Y pasó lo inevitable” jeje Seguimos andando ata que nun dos cruces de carretera Kiko, o noso sherpa o domingo, nos manda por un camiño paralelo... Seguimos a Kiko, ata aquí ben, ata que vemos unha costiña pequena na que xa empeza a haber queixas por parte de Necho e Adrián, os tipos solo querían baixar... E empezamos a subir a un ritmo decente, encontramos zonas de subida rotas, con moita lama pero moi divertidas, polo menos para o meu gusto.
Ata que chegamos a un cruce onde a dereita había unha subida das que tiran dos co***ns.. Sergio e  eu a favor de tirar por aí, José imparcial, e o resto a favor de ir polo llano, pero como un Necho tira máis que Sergio e eu tivemos que ir polo llano jaja
Seguimos andando ata que ZAS! Non hai saída, volta cara atrás... collemos outro camiño e saímos a unha carretera, cruzamola e metemonos por outro camiño onde ZAS outra vez! Sen saida jaja Demos volta e de súpeto non sabemos se foi un intento de coller unha cachopa como rotonda, baixar da bici gastando o mínimo de enerxía ou o que fose, pero Adrián volveu a meterse un ostión criminal (e con Sergio delado para escarallarse) jajajaja Despois deste pequeno percance seguimos por carretera..
Aquí tiben eu un problemilla con Kiko, ibamos subindo, non o vin e pegueille co eixe da roda na perna, bo é que non foi nada... O sair da carretera enlazamos co camiño polo que vimos do Mercuto cara o Pedroso, o que pasa por diante da casa do tolo este, non saes?
Chegamos o Pedroso, merendamos, pero sen subir arriba!! E para sorpresa, non baixamos polo descenso.. para eso levei a Mondraker... (estaba a Scott sen pastillas, pero haise que queixar igual jaja), según Kiko “Non oh, baixamos por este camiño que colles outro alá que das a non sei onde que enlazas co camiño de Santiago..” Xa nos ves a todos con cara de Papanamericanos, pero aceptamos, baixamos e vamos dar a carretera asfaltada que sube o pedroso, Kiko e os seus camiños.. Pois nada aí Adrián e eu xa nos ensañamos polo descenso e o resto pola pista rápida. O chegar abaixo, abandónanos Kiko que marcha para a casa. Seguimos o camiño ata Bertamiráns con 2 percances. Un foi unha muller con dous cans que a pouco máis van os cans o carallo (ou nós), e despois uns alemáns, os que Sergio iba tan concentrao baixando que lle meteu un codazo a Alemana e alí quedaron maldecindo a Sergio no seu idioma, se tendes dudas co Alemán preguntadelle a Necho que creo que ten  un FP de tradución pola maneira de traducir jajaja

E nada, chegamos a Bertamiráns , pasamos pola casa do Presi polos botellíns e pa´casiña.
A ver os carreteros se fan a crónica que a dos 101 me parece que.. jojo

Abrasooos!

Carlos! (o de 17 anos jaja)

miércoles, 2 de mayo de 2012

XC POIO E MARCHA BTT LOUSAME

Hola amigos e amigas dos OEA´S. Outra semana máis, outro fin de semana mais os compoñentes do club botámonos ó monte a dar pedales. Houbo dispersión de membros. Uns a Poio á carreira de Samieira puntuable para o Open galego de BTT, outros a Ponferrada ós 101 Peregrinos, e despois o domingo o resto á marcha btt de Lousame. Faremos un pequeno resumo da carreira de Poio e da marcha de Lousame.

XC POIO (28-4-12)

Sábado, 12 da mañán, equipo de competición OEA formado por Carlos T. e Jory preparado para arracar para Samieira, todo supervisada polo noso presidente, que nos axudou a ubicar a archiconocida CARPA OEA jeje co seu PHOTOCALL que papa solo. Listo todo o "merchandaising": carpa oea, photocall oea, cacharra oea, bandeira oea, toalla oea, imán oea, e furgalla oficial C-15 OEA. 

Arrancamos cedo, para comer ala, montar todo o tinglado, ver o recorrido e facer todo con calma. Unha vez que chegamos alá, había sitio dabondo e comezamos a desenvalar todo. Montamos carpa e photocall, a verda e que da outra imaxe ehh, quitamos o rodillo, moqueta oea jejejje e ala, ahora a comer, detalle, mesita de playa, jajajja apuntado para a próxima, e bridas, e cuchillo. 

Logo de comer decir que o tempo se nos botou un pouco encima...pero bueno, solventamos dito inconveniente de maneira eficaz cun bo quecemento, xa en rodillo. A comida xa baixara bastante ben e o corpo tiña ganas de tralla. O circuito de Samieira?, qué decir. É moi técnico e roto, subida larga e ancha de coller ritmo duro e logo a baixada con moita pedra, algunha suelta demais. 

Tocaba o turno de ir para a parrila de saída e prepararse para dar un total de 5 voltas a un esixente circuito de 6 km. Taboada 4 voltas en categoría Junior, xa vos contará a súa experiencia nun comentario. O dito, saída conxunta de élite e senior, e claro coma foguetes para arriba. Decir que non me gusta nada esta saída conxunta, saímos detrás de todo e pasanme cousas como o que me pasou, que iba detrás de uns e soltaron unha pedra que con tan mala suerte doume no canto do freno de disco e abreumo un pouco e dobloumo, o que fixo que fora rozando toda a carreira, ainda que eu pensei que era un radio que me rompera... Pois eso, saída a fuego e como siempre eu que intento ir cara adiante, pero as saídas tan rápidas non son o meu e comeza a pasarme a xente. Quedo rezagado nas primeiras voltas ó 6º lugar. Sufríin bastante para intentar aguantar o ritmo dos da cabeza nas subidas. Viñeron as baixadas e ala imos, coma tolos. A primeira volta xa tiven un percance con Ruben (Verín) que querendo apartar botoume un pouco da trazada e fun contra un eucalipto, pero puiden seguir case sen problemas. 

Logo nas seguintes voltas comecei a sentirme algo millor pero o ritmo diante era bastante fuerte, sobre todo nas subidas, ese ritmo fuerte subindo a min mátame, pero bueno intentaba aguantar e costa abaixo a dalo todo, literalmente, e claro pasa o que pasa, que no mismo punto que na anterior volta, e adiantando de novo a Ruben (Verín) salinme un pouco da trazada e do rápido que iba non puiden rectificar, resultado, caída wapa despois de petar contra unha cachopa....Ver video....


Tan pronto caín púxenme en pie e para diante outra vez, pero bueno xa non foi o mesmo, a rabia de caer puido conmigo e o dolor na perna e brazo esquerdo tamén. O resto da carreira foi intentar manter diferencias coa xente que me perseguía e asegurar o podium que me costou sudor e sangue. A última volta xa foi tamén bastante de manter e non caer e seguir o consello de Fátima, que me berrou por caer e se volvía a caer.....jejejjeje. Por eso que lle fixen caso. 

Pola miña parte decir que o podium e a carreira foi moi bonita, ainda que moi moi dura, polo menos para mín. De sensacións iba ben pero de pernas...non tan ben e as caídas deixáronme tocado física e moralmente... Por eso que este 3º posto me sabe moi ben. 

Carlos T. por fin remata unha carreira de XC, e personalmente sei o importante que é. Darlle ánimos para que siga aprendendo a correr, non solo e dar pedal, hai que ter moita cabeza e conocer e controlar moitas variables como recorrido, adversarios, bicicleta.... Fixo 6º e acabou moi contento, que é o que interesa. 


Darlle as gracias a Manuel, Patricia e fillos por vir a vernos e animarnos, sodes un apoio moi bo, e sempre da gusto escoitar ánimos dende a barrera... 



III MARCHA BTT LOUSAME (29-4-12) 


 
Logo da xornada de competición, tocaba vuelta a la calma e que mellor forma que facendo unha marcha de 40 km, con 1300 m de desnivel e un recorrido acojonante. 

Quedamos ás 08:15 para arracar, xa que era ahí ó lado. A todo esto, na furgalla de Panchito que VAI A DIOS¡¡¡

Asistentes: Necho, Sergio. Panchito, Carlos T., Adrián A., Manuel V e Jory. E Taboada´s father como asistencia jejejje


Recollida de dorsales como mandan los cánones e arrancamos. Como non podía ser de outra maneira e ven sendo un clásico, os OEA´S de últimos. Saída sen complicacións polo circuito de BMEQUIS que a mais de un xa se lle atragantou jajajajjajja. Polo resto sen complicacións e sen problemas, salvo algún atasco ó principio da ruta. Tramos moi chulos, recorrido traballado, marcado, ben sinalizado e os OEA´S que comezan a coller ritmos diferentes. Ata o primeiro avituallamiento non houbo moitos problemas salvo unha señal que estaba un pouco alta demais para a vista e nos colamos moitos en dirección contraria, menos mal que demos a volta e sen problemas. Logo da primeira parada con naranxas, chiculate, e demás bebidas, continuamos algo mais xuntos hacia o alto do primeiro monte onde estarían as subidas mais duras da ruta, con pendientes de ata un 22% que realmente se facían moi duras, pero ca fortaleza mental e física de un OEA, subiuse sen mais. Unha vez no alto e logo de meterlle ó corpo unha proba de todo o surtido de chocolatinas, cañas, futa, zumos etc que había por alí continuamos. 

Panchito en pleno vuelo
Segundo a organización dende este punto xa "ERA TODO PARA ABAIXO, SEN DAR PEDAL 16 KM" malditos ca...., jajjajajja habia bastante baixada e moi chulas por certo pero tamén subidas pestosas que se fixeron mais que amarradas a medida que o día se puxo gris e caeu unha granizada potente potente. O barro apareceu e claro....a chavalada non está preparada para conducir en barro. Resultado: Adrián A. ó suelo e o compañeiro Carlos T. idem, os dous por problemas de presións en neumáticos dianteiros jejeje


                                                                                                   

Jory no tramo espectáculo ca doble....
Todos os que fomos quedamos moi contentos co recorrido, e que chovera e granizara e estivera o terreno algo mais húmedo e resbaladizo non fixo máis que darlle un toque épico á ruta que xa de por si lle chegou en dureza.

A todos nos chegou ó peito, pero quedamos contentos co trato recibido.

Ó rematar a ruta, como siempre, lavado de bikes onde se quedaron bastante cortos co tema das mangueiras, recollida de material co tempo xa moi pestoso, ducha (auga fría jejeje), e intentar arrepañar algo dos pinchos que houbera xa que pouco vimos. Menos mal que había pan e ensaladilla por alí. e algún que outro helado. 

Xa para rematar había un sorteo e alí estábamos os OEA´S comentando a xogada entre todos cando de repente , e xa no último regalo a sortear, vemos que sale o dorsal 186, e quen era???? JORGE PÉREZ FERNÁNDEZ¡¡¡ jajajja Tocoume o regalo estrella de unha fin de semana para catro persoas nunha casa de turismo rural juju. Eu flipando alá fun co meu heladito darlle a man ó Excmo Sr. Alcalde de Lousame que me entregou o detalle. Logo de comentarios jocosos ó respecto, arrancamos para Bertamiráns ca idea de parar a tomarlle unha e o destino foi a nosa taberna, o NY, donde nos enchemos a tapitas e algun que outro a outra cousa jejejeje. Moi bo día señores¡¡¡ A próxima está á volta da esquina. 


E bueno esto foi todo esta fin de semana, valeu a pena. Por Ponferrada, sei que todo foi moi  moi ben, rematando todolos OEA´S asistentes e incluso Dabiz fixo podium na categoría de Duathlón¡¡¡, cun fantástico 1º posto ;) Pronto crónica.




Un abrazo a tod@s. 
Jory

P.D: comented

lunes, 2 de abril de 2012

2ª PARTE RUTA OEA 2012

Grado de satisfacción ca II RUTA OEA? 
Hola amigos e amigas OEA´S. Unha fin de semana mais os OEA´S tirámonos ó monte para seguir facendo reconocimiento do recorrido da nosa marcha o próximo 15 de abril.

Saímos da praza das Tetas con idea de facer a segunda parte. Para eso dirixímonos rapidamente á parte baixa do Rubial. Comezamos ca subida larga da marcha, 5 km de ascensión que comezan aquí nestas duras rampas no medio dunha aldea que ese día nos recibirán cos brazos abertos. A subida ata o primeiro descanso é bastante esixente, debido ás pedras é o equilibrio que debemos manter en toda a subida pero que non é necesario botar pe a terra en ningún momento. O descanso está situado preto da primeira caseta.
Na foto da dereita vemos o final da ascensión nesta primeira parte. Logo continuaremos por unha vaguada do rubial ata case a cima. Se ides ó facebook podedes ver algún dos pasos que deberemos atravesar para seguir subindo. 

A subida é moi esixente pero a verdade e que tamén é moi bonita. É do estilo da do ano pasado pero pola outra cara do monte. 

Unha vez no alto do Rubial teremos o gran avituallamiento como ven sendo habitual nas edicións anteriores para dende aquí baixar ata Macedos TODO por trialeras, si si, TODO. Ciclables para o 95% da xente (baixounas Dabiz asique.....jejejejjej) e donde poderedes descargar toda a adrenalina que teñades. 

Na trialera de baixada todos chegamos cunha cara de satisfacción abaixo que non era normal ainda que Sergio tivera algún percance cas pedras. Está chulisima. Dende aquí Necho abandonou por golpe e Carlos D. como bo cuñao acompañouno xD o resto seguimos hacia as Torres de Altamira case como todolos anos. Nesta última parte da ruta cambian algúns tramos pero para mellor, conservando a zona rodadora e rápida do final e as trialeras, añadindo unha super revirada no medio. A ruta acaba como sempre na baixada do cementerio do 30 e pico % de pendiente donde estará a cámara grabando e quitando fotos. 
Panchito con cara de "non queda nada de subida ehhhh¡¡¡"


Resumindo, esta nova edición ten de todo e mais e espero que todo o mundo se acerque a comprobalo o 15 de abril. Seguiremos preparando o monte para que este perfecto e disfrutemos ó maximo¡¡¡ 

Un abrazo.

"El éxito es hijo seguro de la perseverancia y firmeza en el trabajo"  |||  JoRy ||||  Saúdos

lunes, 5 de marzo de 2012

RECORRENDO A KDD FEMENINA


Bueno, bueno, bueno. No tengo palabras, no me salen. Hay tanto que contar que no se por dónde empezar.
Eran las 0930(las 9:30 escrito en normal, lo otro es jerga militar)y llego a las tetas y están Adrián, Necho, Pequeno, Kiko, Taboada´s father (Pepe T.) Isa como jefa de expedición y yo, el gran Sergio ciclista incombustible lleno de valor, arrojo y un poderío en las piernas que hay que quitarse el sombrero.
La idea era hacer la ruta de la kedada femenina para que luego el domingo tengamos una idea de por dónde hay que ir, rumbo hacia Castrigo y venga monte, todo muy ciclable y sin apenas dificultad. El punto de destino era o Sixto, en la Picaraña. Caminos por Bastavales, pegados al rio por donde nuestra marcha. A todo esto el tiempo nos respeto bastante porque solo cayeron cuatro gotas al principio. Bueno al tema llegados a O Sixto paramos porque Isa quería que opináramos sobre el lugar elegido para el avituallamiento, sitio perfecto, al lado de un rio ¨ y con sitio¨. Aquí empieza la nota que creo que va a marcar la temporada: solo se le ocurre a Kiko y a Adrian ponerse a preparar los triatlones de verano, los que tenemos pensado hacer alguno en verano estamos perdidos con estos dos, lo único es que no tienen muy claro el orden de las transiciones, hacen primero la bici y luego la natación pero bueno cada loco con su tema. El caso es que en el susodicho rio del avituallamiento a Kiko ,Adrian y a Pepe no se les ocurre otra cosa que probar a cruzar el rio. Hacia allá bien, hacia acá bufff. Pepe cojonudo, un profesional, Kiko nos deleito a todos con un salto del ángel de ejecución perfecta con una entrada al agua de cabeza limpia sin apenas salpicar. Consecuencia: el mojado y nosotros escarallaos a la risa, hasta Adrian se reía (no sabía lo que se le venía encima, bueno o lo que iba tener debajo, se mascaba la masacre). Pero Kiko demostró ser un profesional, que bien se le da el agua macho.
Turno de Adrian, o también bautizado por Pequeño como Oso Amoroso, se lanza y plas agua pero de ejecución menos limpia que KIKO, mas al estilo planchazo de pecho con movimiento tipo croqueta para mojarse más, impresionante. VISUALIZAR VIDEOS NO TIENEN PERDIDA. Después el pobre del hombre media la profundidad y no se atrevía a pasar, y de ahí es de donde viene el dicho de perdidos tírate al rio.
Y dicho esto poco mas bajamos para Bertamiráns, cervecita en New York y visualización de los videos conmemorativos de la salida. Dicho esto solo queda valorar la kedada femenina como una ruta muy chula y con un día así un poco mojado aun más.
Chicas que leáis esta crónica no os asustéis, animaros y si alguna quiere practicar lo de los triatlones es un buen momento para empezar, traer bañador que Kiko y Adrian están dispuestos a enseñaros sin ningún tipo de problema o compromiso. Ahí queda eso, a ver si los de Cotobade logran algo de provecho y escriben pronto la crónica.
Voy a terminar con una frase, que no solo las van a poner jory y oscurito.
PENSAR QUE NO LO VAS A LOGRAR ES EL COMIENZO DE UN FRACASO

Sergio

lunes, 27 de febrero de 2012

III CRITERIUM OEA 2012


O calendario de eventos OEA comezaba para este ano 2012. O Criterium OEA xa estaba aquí para poñer a prueba os motores diesel e gasolina dos asistentes que como siempre tivo representación de Cabras (Anxo e Miguel), do Club Ciclista Padronés (Manuel Ces) e dos OEA´S como no. Acudimos en masa como debe ser, xunto con Susoisa, con Isa, o seu can....e incluso algún Ultreia apareceu por ali a botar un ollo jeje

A mañá era fresquiña pero nin de coña facía tanto frió como os días anteriores. 09:30 HORA ZULÚ e desayunando no N.Y. para o que iba ser unha mañá apretando o collón, cada un contra o que podía. Arrancamos dirección San Marcos polos camiños de sempre, uns en bicicleta e outros por problemas de logística, en furgoneta e coche. 

Unha vez en camiño o ambiente era distendido e de bo rollo. Incluso foi un día de probas para o noso Presidente, que fixo un bo test da epic 29´´. A ver como queda a cousa, pero houbo feeling jejeje. Seguindo co quecemento, afrontamos a subida ó monte San Marcos. Uns seguían co ritmo pausado, para non gastar forzas e outros lanzáronse á aventura e a quentar as perniñas. 

Unha vez que estábamos arriba todos e todas preparamos a lista de inscritos e demos un pequeno repaso ás instruccións do criteriu para que todo o mundo soubese o que había. Voltas á un circuito de 1,23 km, as dúas primeiras non eliminaban e as seguintes, o último que pasaba pola línea de meta quedaba eliminado. Simple.

Preparados para a saída cada un collía a roda do seu posible contrincante, a rodar e a facer km´s. Decir que o circuito estaba perfecto. A subida rodadora e con espacio suficiente para adiantar, e a baixada, despois de dúas ou tres pasadas xa estaba cun carreiriño feito que permitía baixar algo máis seguro en cada volta. A idea de sempre do criterium era o de facer algo diferente e que servira para probarnos entre nós, e que cada un se exprimise todo o que puidera, e dou fe que todos fixemos un gran esforzo. Os postos mais retrasados estiveron ocupados por José, o Presi por pinchazo, Manuel, Pekeno, Miguel.... e entre eles deron as voltas que puideron e quixeron. 
Logo en postos intermedios e con piques mais que interesantes estaría o duelo Pato, Andrés.... jejejeje e o de Suso Beis (M-30) co noso novo portento de M-50 Juaán¡¡. Cómo me gustaría estar vendo volta tras volta a estos dous. Suso tirando case sempre e Juan un oso moi duro de roer coméndolle a moral pouco a pouco ajjaja. Decir que ó final o m30 puido co m50. 





E nas posicións de cabeza viñeron os vikingos a asaltar o criterium. Como cabecilla da expedición Anxo, que xa sabemos todos o pouco que lle gusta esto de competir e vir jodernos podiums jajja, e por outro lado Ces, ese home largo coma un día sen pan que foi chamado polo manager das cabras para vir asaltar o barco OEA. Os rivales estaban claros, e sólo nos quedaba dar voltas e voltas intentando controlar movementos do contrario e aguantar. ó principio todo iba perfectamente e intentei marcar un ritmo semi alto de carreira para ir cómodo, ó cal se acomodaron perfectamente e ese ritmo mantivose varias voltas ata que a nova montura pilotada por min, comezaba a dar fallos na transmisión. Primeiro o desviador, que non subía a plato e logo na seguinte volta a cadena xa me saltaba para fora do plato pequeno o que me fixo parar para colocala ata en duas ocasións (ó acabar daríame conta que a biela dereita se me afloxara). Está claro que esto condicionoume na carreira moralmente e físicamente, pero para nada son excusas. Intentei manter un ritmo alto para que Anxo non se me achegara e para intentar volver a ver diante a Ces pero xa era imposible e non me quedaba outra que felicitar ó campeón do Criterium de este ano. E ainda que os vikingos conseguiron asaltar o barco pois como bos anfitrions démoslle unha boa papatoria para que polo menos non digan que somos mala xente. jejejje

Ó finalizar veu o bo, a comida que lle metemos alí arriba con empanadas, pizzas e a bebida que tan ben nos sentou a todos e todas. Aparte de poder confraternizar e botar unhas risas comentando as xogadas do día. Disfrutando das dúas rodas e de xente que goza co mesmo ca nós. 

Pois o dito, gracias por asistir  un ano mais ó criterium OEA que esperamos fora do voso agrado e invitarvos á 4ª edición. 

CLASIFICACIÓNS¡¡

1º Manuel Ces (Padronés)
2º Jory (OEA)
3º Anxo (As Cabras)


4º Suso Beis (OEA)
5º Juan (OEA)
6º C. Taboada (OEA)
7º Carlos D. (OEA)
8º Ángel Porto (OEA)
9º Manuel Pato (OEA)
10º Andrés (OEA)
11º Panchito (OEA)
12º Miguel (As Cabras)
13º Necho (OEA)
14º Sergio (OEA)
15º Pekeno (OEA)
16º Adrián (OEA)
17º Manuel V. (OEA)
18º Presidente (OEA)
19º José (OEA)



"El éxito es hijo seguro de la perseverancia y firmeza en el trabajo"  |||  JoRy ||||  Saúdos

lunes, 20 de febrero de 2012

KDD ULTREIA - OEA´S


CRÓNICA DE ADRIÁN OEA




Weno hoxe tocoume facer a min a crónica (Adrián.A) como quen non quere a cousa… Saímos da praza das tetas as 9:30 mais ou menos con destino a facer a ruta do Tambre eramos unha boa recua de xente. Os Oea´s que eramos (Carlitos, Andrés, Pato, Juan, Kiko Oscarito, Jory, Jose, Carlos.T Manuel, Ito, Joyero e eu) mais os Ultreia. 

Empezamos a subir por uns camiños suaves por castrigo, pouco e pouco xa estábamos na carballeira de santa minia. Subimos ata rañalonga e despois baixamos hacia a ponte de ons que nesa baixada perdemos a jose, Manuel e Kiko que se meteron por outro sitio, un pouco antes de xegar a ponte de ons tamén se cobrou a vida do joyero por unha ramallada no medio do camiño “Que a xente que corta a leña debería recoller as ramas e deixar os camiños limpos por eso e unha vergonza” despois tiramos todo por de lado do tambre, embalse ata a aldea e entre risas e chistes xa levábamos uns cuantos kilometros encima, despois tiramos cara a iglesia da luaña que un pouco antes deciden marchar por estrada Carlitos e Ito. Aquí enganchamos por os sendeiros rápidos por onde van os cabalos, despois fomos destino hacia as torres alí fixemos as dúas ultimas trialeras da nosa segunda marcha. E nada con uns cuantos kilómetros encima das pernas finalmente xa fumos cara Bertamiráns o New York a tomar as tapitas.
Unha boa mañá de Mtb coa mellor compañía, coma o de sempre e ca compañía dos ultreia unha  Ruta moi chula e con tramos moi bonitos.
Saúdos!! Abraazo a tod@s!!

***AdRiÁn***


CRÓNICA DE SIMAL ULTREIA




Después de acostarme tarde y pasar una mala noche (con dolor de cabeza), me desperté sobresaltado y me di cuenta de que ya había mucha luz natural por unas rendijas de la persiana. Miro el reloj y veo las 8:50 (el dolor de cabeza seguía). Llamo a Toribio y le digo que no me esperen a las 8:55 en la alameda, que iré en coche a Bertamiráns. Un stress: medicarme, desayunar, baño, vestirme, meter bici en coche y conducir hasta Bertamiráns (menos mal que entre la autopista y la autovía fulminé el trayecto en tiempo record). Aparqué a la entrada de Bertamiráns, y saqué la bici del coche quedando un par de minutos para la cita de las 9:30 en la praza das tetas. Pregunto a una señora que sale de una casa; se lo piensa extrañada y me dice que no sabe.

Le pregunto a un señor mayor (se lo tuve que repetir 4 ó 5 veces; entendía metas, setas, zetas…), pero nada… Fue entonces cuando vi a un OEA; le hice señas y fuimos juntos a la dichosa plaza, donde hay una fuente con una diosa voluptuosa… Por fin puedo relajarme y disfrutar de la jornada de bici Ultreia OEA, que no quería perderme por nada del mundo. Como estaba contrariado por no haber ido en bici hasta allá, ya había decidido volver en bici a Santiago y regresar en bici a recoger el coche a Bertamiráns… Fuimos charlando unos con otros, disfrutando de la ruta por bellísimas carballeiras… tranquilitos hasta que empezaron las hostilidades en las zonas de rodar… Tal es así que en una de estas nos quedamos rezagados Edu C., David I. y yo. Pero, todavía venía algún OEA atrás… El caso es que perdimos de vista a la cabeza, y en un cruce
de carretera un OEA que esperaba le dice a David con un gesto como seguir… El caso es que David nos llevaba en dirección contraria; empezamos a sospechas que por allí no era, ya que no había marcas de ruedas de bici… Como yo había oído que íbamos hacia el embalse del Tambre, y sabía dónde estábamos y cómo llegar allí… dimos media vuelta y encontramos al grupo esperando en una fuente… pero al menos 3 OEAs se per dieron definitivamente… Seguimos todos los demás el cauce del Tambre en buena parte por unos caminos de senderismo muy bonitos, pero también rompepiernas por el sube y baja constante… pero claro estábamos abajo y quedaba subir… pero antes el avituallamiento… En la subida también apretó el que quiso y nos reagrupamos antes de bajar… En la bajada, en una colisión entre un OEA y un Ultreia, se produjo un nuevo corte… solucionado con una llamada de teléfono… Toribio fue sacando fotos toda la ruta, que imagino pronto veremos en FB… Después fuimos todos tranquilos nuevamente hasta que ya cerca de las Torres de Altamira…  otra vez las hostilidades rodando… Como había entendido que íbamos a seguir más o menos la ruta que organizaron el año pasado los OEA… casi me despisto, pasándome de listo, porque estuve a punto de tomar el camino mucho antes y me hubiese llevado mucho más tiempo…
 El caso es que me di cuenta de que por ahí no iban… deshice lo andado y a seguir el rastro al estilo de David… hasta unas bajadas que te los ponían de corbata… En la bajada ya vi a Raúl… y al final reagrupamiento… Me dije entonces que no perdería el contacto visual, y así fue… nuevas bajadas sin graves incidencias, aunque alguna “toupa” de Ultreia tuvo alguna que otra caída sin importancia… Foto final y despedida… los de Proupín para Proupín… los que fueron en coche, vuelta en coche… Los que volvían en bici, por carretera (yo me sume a este grupo)… Ángel, Cris y yo íbamos rompiendo el grupo, pero esperábamos al final de cada subida… menos la última… cada uno a su casa… fue entonces cuando decidí acompañar a Gonzalo hasta su coche en Meixonfrío, charlando relajadamente… No me quedaba otra que volver en solitario a por mi coche en Bertamiráns… pero ya sin prisas decidí disfrutar a tope… atravesé nuevamente el casco histórico de Santiago (que ya había atravesado antes con Gonzalo)… y decidí abandonar la carretera general e irme por la ruta Rosaliana a Ortoño (donde cogí agua en una fuente y le cambié el agua al canario…)… Este momento fue realmente grande; me sentí el dueño y señor de las carreteras secundarias… las vistas eran magníficas: cielo azul, nubes grises, verde campiña… en el horizonte, cielo y montes… se notaba ya la incipiente primavera, en las mimosas en flor, en los pájaros cantando… Pasé por el cole de la suegra de Diego S., crucé el puente sobre el Sar ya reformado, y me vine por la zona de las ocas asesinas y la ribera del sar… hasta el coche… Estaba disfrutando tanto que si hubiese encontrado a algún ciclista en ese momento… hubiese seguido pedaleando… Estaba en éxtasis !!! Tenía las piernas y los glúteos maduritos… pero no tenía hambre y estaba fuerte mentalmente como para seguir rodando por horas y horas a ritmo suave… Pero no encontré a nadie que me acompañara (todos lógicamente estaban comiendo), así que decidí cuidar de la bursitis de mi codo… cuyo tratamiento es arroz, es decir:
R= rest (reposo)
I= ice (hielo)
C= compress (comprimir)
E= elevate (elevar, y mejor por encima del corazón)

Y como está claro que no estaba haciendo nada de eso… decidí que mañana +… que me iba a comer… para pasear por la tarde estirando las piernas… ;-)

Jesús Simal

domingo, 29 de enero de 2012

RUBIAL (previa ruta OEA 2012)

Pequeno perfil da ruta oea, ainda quedarían 2 ou 3 picos
 Estás tolo¡¡, pero ti que pensas¡¡, esto é unha animalada..., temos que cambiar o recorrido.... etc etc etc jjaja esto foi todo o que se escoitou durante a mañán mentras enseñaba o posible recorrido da ruta OEA 2012 á xente do club jajajja. 
Saída dende NY (vaia publicidade é Santi jeje)
Bastantes valientes na praza das tetas para afrontar o que sería unha ruta trankila pero durilla. Saimos dirección igrexa dos Ánxeles para subir por zonas xa conocidas e afrontar a primeira semi coronación do Rubial. Todo ben ata aquí, grupeta unida e sen demasiadas diferencias entre primeiros e últimos. A todo esto...uníronse dous Botafumeiros jejej Vicente ca nova montura dun OEA, a scoot de Suso, e o irmán de Ángel (joyero pa´los amigos jeje). 

Coronamos e hacia abaixo ata preto da zona do segundo avituallamiento. As dúas trialeras están impresionantes, ten que pasar a comisión de obras públicas dos OEA´S a parchear un pouco a primeira trialera pero nada...todo entra na partida do ano pasado jajaj. A segunda trialera está moi chula e transitable 100 %. Dende aquí coma tiros pola baixada de siempre que bordea o Rubial. que chulada dios....Chegados ó punto final da baixada onde siempre esperamos, decidimos non facer a costa da segunda semi ascensión, xa que quedaba moita noveda aínda por ver. Seguimos dirección 2º avituallamiento entre risas e bouramientos varios da xente xD. 

Na iglesia de S. Miguel da Costa avituallando
Xa non se baixou cara Rois e decidimos tirar para arriba e baixar ata San Miguel da Costa (zona nova) e dende aquí facer a subida estrella da ruta de este ano. Ascensión de 5km onde máis vale ter boa técnica que forza....(e ter unha doble axudará moito jeje). Zonas novas, antes non vistas, que ainda que duras, fixeron as delicias de todos aínda que se cagaron en min moito jaja). Unha vez arriba de novo escoitei de todo, que se tas chalao que si esto é imposible....E bueno a verdade e que nos saltáramos bastantes cachos e xa levávamos 20 km....pero bueno que ó final sei que vai gustar. 

Dende o alto do Monte, para abaixo coma tiros para probar o novo descenso. Cobrouse algún OEA jejeje pero sen consecuencias...e ahora si que as caras delataban unha enorme felicidade e incluso querían volver subir. Teño que reconocer que é unha pasada....juju. 

Xa en Macedos houbo xente que tirou por carretera porque eralle tarde e o resto por Rañalonga para facer a baixada dos cabalos e tirar para a de Pepe King a tomarlle a tapiña. AHH, e en Pedre atopámonos con Suso na moto, que andaba a rutear pola zona. xD

Logo da Tapita, cada un para a súa casa e penso que cunha boa sensación aínda que non o queiran reconocer. xD

O recorrido deste ano podo decir que será esixente e con....50, 55 km.... subiremos 3 veces o Rubial....case, e baixadas im-presionantes. Esperamos non defraudar ós bikers máis esixentes e poder seguir ofrecendo unha boa marcha ;)

O próximo domingo más y mejor. Xente a Candean, e o resto a pedalear pola zona.

Na de Pepe King, a metade da comitiva jeje

"El éxito es hijo seguro de la perseverancia y firmeza en el trabajo"  |||  JoRy ||||  Saúdos

lunes, 23 de enero de 2012

I KDD BTT OS DO MONTE BRAVO

Perfil do recorrido desde Bertamiráns ida e volta

miércoles, 11 de enero de 2012

POLO RUBIAL EN BUSCA DE CAMIÑOS

Despois dun largo descanso de Navidad e de suspender as celebracions previstas para este dia, arrancamos puntuais camiño do Rubial un bo puñado de oeas, pois hai que ir pensando no novo recorrido da marcha OEA para 2012. Tamen se acercou Isa que nos acompañou un cacho e despois abandonounos para ir traballando para a kdd femenina que temos prevista.
Con ese animo e con ritmo tranquilo fomos acercandonos as sorpresas que nos tiña preparadas Jory, non vou dar moitos detalles por se se aproveita algo...pero resumindo foi subida e mais subida seguido de algunha subida, jajaja (debo estar moi mal de forma que non se me olvida o que pasamos). Unha vez que Jorge se cansou de coller camiños cara arriba empezaban as sorpresas agradables moita baixada con algunha nova trialera que non coñeciamos a maioria, (este Rubial por mais voltas que lle demos non deixa de sorprendernos). Baixamos ata a zona de Rois e de ahí fixemos a subida da primeira marcha hasta a primeira caseta.
Neste punto e despois de reagrupar o pelotón, vendo a hora que era, decidimos non coronar e baixar ata Macedos rodeando o monte.
Desde Macedos pouco mais uns baixamos por carretera para atallar e o resto con ganas de festa ainda subiron a Pedre para baixar por Boullon.
De ali cada con quen veu e ata domingo
En resumen corenta e pico de km., e moito en limpo para a marcha (polo menos para mi)

Coma sempre un placer, compañeiros

martes, 29 de noviembre de 2011

3 picos... doutra maneira (Mercuto)


Corcería!! como vai a semana? bueno, eu son estudiante, e teño tempo, así que vou a contar o acontecido o último Domingo, que non ten desperdicio... Como sempre, ás 9:30 nas Tetazas, rumbo ó Mercuto, que sempre da xogo, e creo que sobre uns 20 valientes.
Facía algo de frío, ceo totalmente despejado, e tras esperar polos últimos efectivos, poñemonos cas mans na masa (a das napolitanas e croissants que lle mandamos no NY jaja) bueno, ahora en serio, arrancamos por donde sempre. Marcaba Juan, era o seu territorio comanche, e o cabrón iba encargarse de levarnos coa lengua fora todo o camiño. Algún apretón gaseoso de Kiko pero rápidamente neutralizado polo pelotón, que teñía de color fresa os camiños rodadores da zona. Moi bonito si, pero cando me tou dando conta, xa tamos subindo ó SanMarcos...


Íbamos tan sobraos, que hasta demos unha volta á pataca arriba para entrenar para o III criterium... e seguimos rodando, non daba tempo a nada! falamos de coronar o monte que se ve desde o SanMarcos, o que ta delao, xa me diredes vos o nome porque eu nin me acordo, tanto cambio de presión atmosférica de subir e baixar como fuegos núblame a mente. Dito e feito. Juan encabeza e aló imos. Unhas fotiños coas vistazas... qué vistas! e logo dunhas historias, seguimos. Ibamos ben de tempo! (lo nunca visto!!) pero non nos subestimedes amigos, somos OEAs, e xa teríamos tempo de liarnos. 


Roda que te roda sempre coa vista posta no Mercuto. Chegamos á entrada da carretera general moito antes do que eu creía, aquí xa ibamos un pouco máis de risas... gracias as clases prácticas cortesía de KIKO... 

Lección Nº1: cómo tirar abaixo un ecolito sin machada. Pois eso, non o vou a explicar porque é unha técnica ancestral e ainda non se sabe moi ben como se fai (ver video). Si amigos, tirou co eucalipto, pero tamen caeu el jajajaja quedou mazao como un pulpo pero levantouse como si nada e fardando... "xos teño tiraos mais jordos eh!" bueno, pois eso acompañado dun "non hai webos" fixeronnos chegar á...

Lección Nº2: cómo quedar colgando dun ecolipto. Pero non de calquer forma, senón colgarse e parecerse a unha mezcla entre un chourizo colgado na lareira e un muelle. Os máis xovenes do grupo tiveron tempo de aprender física aplicada.


Dios mio que risas foron... despois de poder respirar un pouco e de que Panchito escondera os cadáveres, seguimos enriva das bicis. E ahora as risas eran caras de "apuro" porque tocaba a primeira plancha tras pasar a aldea. Mais de un coma min botamos pe a terra e quedamos sin opcións o título de montaña. Subida e máis subida, corona Jory a bola do mundo e despois imos chegando o resto... bueno, o resto dos que non se perderon! jajaja alfonso-pekeno-carlosA-adrian pensaron que eran poucos Km's e metéronse a saber por qué pistas pa chegar á cima jajaja. 
Qué bonito! era cedo, bo día, todos sin averías, todos ibamos cumplindo e aguantando... Así que rumbo ó Pedroso... OLLO, RUMBO, non subir ó pedroso... jajaja o destino era baixar a figueiras por unhas pistas chulas chulísimas. Nunha paradiña destas, Pato, (tranquilos, non farei chistes jaja) arreglou o pinchazo que tivera na baixada do Mercuto. Ahora tocaban esos tramos de sube-baja pestosos que hai que enlace, suputamadre, agarra a roda! Aquí separámonos pero agrupámonos ante o desvío que levaría a bautizada como "baixada dos maricóns" xa que é unha baixada de collóns. Bien. salimos 20. chegamos 5. Jjajajaja o resto... enfin. A baixada chula, rápida, técnica, e de apretar o pedal todo o tempo. merece a pena facela máis veces.

Peeero por contra, ten moito cruce, e perdéronse moitos polo monte, maiormente casi no final, e pensaron que a ruta era pouco e decidiron tamén subir ó Pedroso... tan colgaos! ajajajaja Pois alí esperando por todo dios en Figueiras, unha chea de tempo. Alá nos iba a media con todos estos paróns! jajaja. ahora o tempo apretalle a máis de un, así que aqui abandonan Panchito, Kiko, Carlos Abogado, Carlitos... e bueno, despois cada un por donde lle saliu do carallo pa casa.

Peligro! na rotonda que vai pa Tapia xuntámonos uns poucos que quedamos para facer o descenso de AldeaNova, a miña especialidad e que nunca defrauda. Eso, que vos vou contar, que se non se che poñen de corbata nos saltos a toda hostia, e porque xa os levas na boca jajaja. Chego abaixo e espero polo resto... e estaban alí recollendo os cans uns cazadores (poli bueno e poli malo). Claro, chegamos ó cruce a fuego, e os cans volvense tolos, e os dueños, tamén. Alí nos discutiu que o monte non era noso e non sei qué mais parvadas sin sentido. Non era plan de pasar das palabras ós actos, eles tiñan cospetas e nos tiñamos multiherramientas. Tábamos jodidos. 

Despois de tanta discusión, e sobre 45km creo, entra a fame, así que NY, tapitas (moitas risas alí recordando historias), lavar a bici á gasolinera, chegar á casa, mirar o reloj. Ver que son as 15:04 no tiene precio, para todo lo demás O-E-Ás!


Oscarito!!

domingo, 6 de noviembre de 2011

PORTOMOURO - PTE. ALBAR (cortesía MTB DUBRA)

MAÑÁ DISTINTA


Despois duns dias sen andar na bici ,por mor das carreiras pedestres, hoxe decidin sair co resto dos OEAS. Mal dia elixin pois cheguei vacio, a ruta chula. 

Saimos de Berta, camiño de portomouro x ames, pois quedarase cunha xente de por ali, mimah vaia sorpresa, pois eramos uns 40, non me lembro de todos asi q non nombro a ninguen pa q non vos enfadedes. Unha vez ali nos encamiñamos pola beira do rio, hacia os montes que fan os "cañóns do Tambre". Que non habia moita subida¡¡¡ ,carallo se chega haber.
Unha vez arriba pa baixo xa se sabe, de camiño deixaronnos, Panchito, Adrian, Dabiz e Necho. Q ben fixeron,  chegando a Ponte Albar cae Isa (espero non sexa nada). Na ponte isa marchou co home na moto, e separamonos cada un para o seu lado, nós collimos camiño do pedorso cara berta, baixando por un camiño q sabia Juan, saindo a figueiras, ali a xente q nos fixo de guia foi marchando e quedamos uns cantos OEAS, uns con mais pena q gloria.


PD: a maña alucinante, a compañia mellor e pouco mais q contar. Se me olvido de algo, xa sabedes que o fixera outro. Isa a recuperarse, saudos a todos-as.



KIKO 

lunes, 24 de octubre de 2011

ONS - TAMBRE

Perfil etapa Ons - Tambre
Hola muy buenas a tod@s. Como vai eso? Nós por aquí andamos, volvendo a escribir sobre unha nova ruta. Este domingo tocoulle o turno á zona de Ons e as ribeiras do Tambre  bordeando toda a presa de Barrié de la maza. 

Na praza das Tetas xuntámonos sobre 11 bikers dispostos a pedalear uns cantos km. Arrancamos dirección Rañalonga, encabezados por Sherpa Pato coñecendo Brión polo interior, polos seus arrabaldes jeje. Arriba en Rañalonga o seguinte punto de parada era Ons. A chuvia xa fixera acto de presencia e personalmente qué gusto ver por fin chuvia e camiños embarrados....Os camiños para chegar ata Ons eran rápido e xa dou pe a que o noso rodador Pato fixera das súas, seguido de preto polos cadetes...Unha vez en Ons tiramos cara o camiño que tantas ganas lle tiñamos...qué pasada. Entre carballos, estreito, e rápido. Juan á cabeza e o resto detras desfrutamos dun sendeiro que nos quitou a todos unha sonrisa de orella a orella....Xa na ponte de Ons comezaba a aventura. A intención era bordear a presa polos camiños que hai acondicionados e limpos e sempre intentando ir á dereita para non perder de vista a cola do embalse. É unha zona moi moi bonita, toda cerrada de vexetación, bo firme....e qué pasada ver o embalse tan baixo....nunca tan pouco auga levara eh...Ata se vían as construccións antigas das pesqueiras no fondo de todo...Según Sergio foran os castores jajaja. 

O camiño era un continuo sube e baixa pero era un pracer pedalear por ali...Ás veces chegábamos a algún punto onde había bastante indecisión pero para eso esta a hemeroteca de Sherpa Pato que rápidamente nos decía o camiño a coller. De vez en cando non se lle facía caso....(o gps fállalle a veces jejeje) e como nos equivocáramos xa tíñamos que escoitar o run run de "xa volo decía eeeeuuu" jajaja. 

Pouco a pouco os km e a mañán iba pasando. Chegados a un punto cerca dunha aldea Andrés e Javi (cuñao de Panchito) decidiron arrancar e abandonar o grupo por motivos...nós continuábamos ca nosa intentona de chegar á presa do Tambre pero chegou un punto que a cousa se volveu moi dificil...Os camiños acabñabanse e non había forma de enlazar, ou polo menos nós non sabíamos, enton decidimos desviarnos cara a igrexa da Luaña e enganchar cuns camiños xa conocidos que nos levarían cara Vioxo e de volta á zona baixa de Urdilde. Aquí enganchamos partes moi chulas de sendeiros e decidimos baixar por onde van os cabalos hacia Boullón. Vaia camiños máis bonitos e cerrados e rápidos e técnicos...e.....BUFFF qué gozada hai que volver rápido. 

E nada finalmente mollados coma pitos xa pasamos de tapitas e de todo que o frío apretaba e tampouco era plan de enfermar digo eu....E nada....Unha boa mañán de mtb coma o de sempre. Ruta moi recomendable e  con tramos verdadeiramente bonitos. 

O próximo domingo iremos á marcha btt val da mahía de Ames. Seremos unha boa tropa de OEA´S polos montes de Ames. Alí nos veremos. Abraazooo a tod@s. 

Vistas da cola da presa do Tambre


"El éxito es hijo seguro de la perseverancia y firmeza en el trabajo"  |||  JoRy ||||  Saúdos

lunes, 17 de octubre de 2011

RUBIAL (16-10-11)



Hola as persoas e as que non son tamén, Hoxe tocoume estrenarme a min facendo a crónica, Adrián. Bueno empeza asi xegei as 9:15 a praza das tetas non habia ninguen e pouco e pouco foron chegando jory, dabiz, jose, e panchito  de invitado especial, e despois unha vez que chegou pato as 9:40 arrancamos para o noso monte “o rubial” . 



Fomos por a 1º parte da primeira marcha e empezamos a subir por onda a iglesia dos anxeles alí chamou oscarito de que ia vir con nos e enganchamos xa co primeiro cacho de monte, despois mais pa diante antes de que entraramos na rubial apareceu oscarito, e xa empezamos a tirar cara o monte, unha vez que xegamos a entrada da rubial tiñamos que decicir. Si ir pola subida larga ou por o cacho da baixada de bastavales, fumos por bastabales e empezamos a baixar e xa comezaron os piques. Como panchito dixo llaneo por que era un home convaleciente pois subimos por a subida mais “suave” da rubial. Unha vez na cumbre do rubial empezamos a baixar por as trialeras da segunda marcha, que por culpa da “reforestacion” desfixeron as trialesras e todo o que encontraron por o camiño, Pero o espiritu OEA como sempre fixo trialera donde non a habia, pero ese espiruto cobrouse a caida de panchito, unha vez xa na salida da casa encantada enganxamos xa cas baixadas finale. 
O final decidimos ir por gundin por donda autovia con destino a Gasolinera dos anxeles para tomar as tapitas. E asi unha boa salida de domingo con unha compañia excelente.

SALUDOS!! Un Abrizoo!
**ADRIÁN**