lunes, 14 de mayo de 2012

I RUTA BTT CARAMIÑA

Bueno bueno bueno chavalada... Jorge Perez chegou primeiro na I RUTA BTT CARAMIÑA, que organizou con éxito o grupo de amigos PC BAIKERS DO VILAR. Pero antes, volvamos ás 6:30 que é cando me sona a min (Oscarito) o despertador o Domingo.

Ainda non son persona, son zombi. Desayuno sobras da cena de onte (ainda estaban quentes, esto de levantarse ás 6 os domingos que mal se leva...) e vou sin ganas para o chiringuito da bici. Merda. roda de adiante que non me sellou o pinchazo, e quedei con Jory ás 7:00... paso de poñerme ahora de mecánico, metolle a roda vella que total para o que vou a andar hoxe... (levei as duas por si las moscas) 6:55...7...7:10...7:15... JORY! -ehhhqueee?...(voz sobao)- acórdaste que quedaramos hai 15 min?-MERDA-. Cagando hostias pa miña casa e montamos o equipo todo. C15 engalanada para a ocasión como de costumbre.

Entre risas e historias do pasado poñéndonos ó dia imos comentando qué tal será a ruta, ten boa pinta, moita repechada, ti vente conmigo que eu vou ir amodo... etc etc. Ainda chegamos con tempo e todo. Aparcamos delao do pavillón e imos polos dorsales e esas cousas típicas. Xa desde aquí moi boa labor da organización. Preparamos as bicis con algo máis de frío do que prometían os partes. Así que imos quentar... (tomando un café, que non lle deixei traer o rodillo a jory... así hoxe quentamos á miña maneira!!!). Alí xa empezaron as risas!



Dirixímonos cara a saída. Sacamos fotillo.(jajajaja)Uns 200 a ollo. Eu pese a que salo de domingo en domingo quería facer a larga, xa que así boto o veneno da semana toda para fóra. Jory que quere ir diante pa evitar embotellamientos. Sabia elecciíon. Salida sin percances, bo ritmo diante, aos 5km xa me dou conta de que Jory e a sua rigida levan moito ritmo para min. Entre eso e que caín tontamente, deixo que se escape e manteño ritmo normal. A ruta señalada moi ben, perfecta, un traballo moi moi moi bo. Pero eu que son medio envenenado, encabezando un grupo perseguidor, saltome un cruce e facemos algúns KM's de máis jajajajaja. algún picouse conmigo, pero esto é unha marcha, e pasan estas cousas, tampouco debimos perder moito máis de 10 min coa cabeza de carreira.



E van caendo Km's... a primeira parte moi rodadora... e con algunha repeitada. Facía calor. Moito. O primeiro avituallamento venme como auga de maio. Vou falando con uns, con outros, pasando a algún que mediu mal os primeiros km's... Decir outra vez que o recorrido tiña de todo, algunha trialera guapa, subidas de platillo, llaneo, subida... un mix de todo. Ata que tras coller unha baixada de asfalto me meto inocentemente ó monte... (aquí iban 40km's e xa estabamos estiradísimos, polo que me decía a xente iba entre os 10 primeiros) e claro... REPEITADA. MIMADRIÑA. ainda hoxe me explico como carallo co calor que facía e os km's que iban, a algún non lle deu unha volta nesa subida... vaia km's!!!



Pero superado eso, chegábase o segundo avituallamento.Repoñemos forzas xa que quedaban sobre 15km para meta. A xente toda a marcha bourando que si o primeiro che leva non sei canto, que si van non sei cantos diante túa, etc etc. Igual un chisco máis de competitividad da que quixera para disfrutar ben a ruta, pero aquí cada un tomao como quere, podes ir a darlle lume porque é rodadora, ou podes disfrutar das vistas porque é preciosa. Eu neste último tramo optei por disfrutar, porque o vello da jadaña (calambres) amenazara con visitarme.


Nunca estivera por aquí, e deleiteime moitísimo coas vistas. Nos últimos Km's adiantanme 2 ou 3, e dinme que me acople, pero eu estaba alí para disfrutar e eso foi o que fixen. Chego a meta e xa vexo a jory con cara de... "quedei primeiro". Noraboa, o traballo ben feito ten os seus frutos. Admiro o que ta traballando este ano. E eu 11, contento porque para non coller moito a bici non me achiquei moito nesta esixente proba. Bo entreno. 

Duchita tranquila, damos un paseo e sentámonos a comer. Regalo unha camiseta conmemorativa. Alí tivemos compartindo impresións cos organizadores. Parece que a levaran organizando 10 anos. Moi ben! e chegou o momento! jory foi recoller o premio de primeiro clasificado! (sube fotos!!). A comida genial, nós os 2 papamos unha tortilla enteira jajaja.

O dia prestaba e fomos a tomar uns heladitos á zona do puerto de Camariñas, donde pudemos ver flora y fauna autóctona. despois arrancamos para a casa. Un dia que foi de menos a máis, organización 10, xente animando de 10, protección civil / locales / picoletos de 10, participantes de 10, e OEAS de 10. qué mais se pode pedir? que para o ano sexamos 10 oeas polo menos os que vaiamos alí. Un abrazo e vémonos nos montes!!!


-Oscarito!!

martes, 8 de mayo de 2012

PEDROSO



Bueno amigos, un domingo máis saímos os OEA. Uns en carretera direción paxareiras e Adrián, Sergio, Necho, Kiko, José (non o noso José jaja) e eu en montaña. Chegamos as tetas  as 9:30, estabamos todos dispostos a sair, pero a onde tocaba? Adrián atento o calendario xa contestou rápido e veloz “O Pedroso!” jaja. Pois bueno alá imos, empezamos a subir polo camiño de Santiago, e chegando a aldeanova por un llano sinto unha lata caer o chan, que pasou? Adrián que iba ca mochila nunha man e o movil noutra “Y pasó lo inevitable” jeje Seguimos andando ata que nun dos cruces de carretera Kiko, o noso sherpa o domingo, nos manda por un camiño paralelo... Seguimos a Kiko, ata aquí ben, ata que vemos unha costiña pequena na que xa empeza a haber queixas por parte de Necho e Adrián, os tipos solo querían baixar... E empezamos a subir a un ritmo decente, encontramos zonas de subida rotas, con moita lama pero moi divertidas, polo menos para o meu gusto.
Ata que chegamos a un cruce onde a dereita había unha subida das que tiran dos co***ns.. Sergio e  eu a favor de tirar por aí, José imparcial, e o resto a favor de ir polo llano, pero como un Necho tira máis que Sergio e eu tivemos que ir polo llano jaja
Seguimos andando ata que ZAS! Non hai saída, volta cara atrás... collemos outro camiño e saímos a unha carretera, cruzamola e metemonos por outro camiño onde ZAS outra vez! Sen saida jaja Demos volta e de súpeto non sabemos se foi un intento de coller unha cachopa como rotonda, baixar da bici gastando o mínimo de enerxía ou o que fose, pero Adrián volveu a meterse un ostión criminal (e con Sergio delado para escarallarse) jajajaja Despois deste pequeno percance seguimos por carretera..
Aquí tiben eu un problemilla con Kiko, ibamos subindo, non o vin e pegueille co eixe da roda na perna, bo é que non foi nada... O sair da carretera enlazamos co camiño polo que vimos do Mercuto cara o Pedroso, o que pasa por diante da casa do tolo este, non saes?
Chegamos o Pedroso, merendamos, pero sen subir arriba!! E para sorpresa, non baixamos polo descenso.. para eso levei a Mondraker... (estaba a Scott sen pastillas, pero haise que queixar igual jaja), según Kiko “Non oh, baixamos por este camiño que colles outro alá que das a non sei onde que enlazas co camiño de Santiago..” Xa nos ves a todos con cara de Papanamericanos, pero aceptamos, baixamos e vamos dar a carretera asfaltada que sube o pedroso, Kiko e os seus camiños.. Pois nada aí Adrián e eu xa nos ensañamos polo descenso e o resto pola pista rápida. O chegar abaixo, abandónanos Kiko que marcha para a casa. Seguimos o camiño ata Bertamiráns con 2 percances. Un foi unha muller con dous cans que a pouco máis van os cans o carallo (ou nós), e despois uns alemáns, os que Sergio iba tan concentrao baixando que lle meteu un codazo a Alemana e alí quedaron maldecindo a Sergio no seu idioma, se tendes dudas co Alemán preguntadelle a Necho que creo que ten  un FP de tradución pola maneira de traducir jajaja

E nada, chegamos a Bertamiráns , pasamos pola casa do Presi polos botellíns e pa´casiña.
A ver os carreteros se fan a crónica que a dos 101 me parece que.. jojo

Abrasooos!

Carlos! (o de 17 anos jaja)

miércoles, 2 de mayo de 2012

XC POIO E MARCHA BTT LOUSAME

Hola amigos e amigas dos OEA´S. Outra semana máis, outro fin de semana mais os compoñentes do club botámonos ó monte a dar pedales. Houbo dispersión de membros. Uns a Poio á carreira de Samieira puntuable para o Open galego de BTT, outros a Ponferrada ós 101 Peregrinos, e despois o domingo o resto á marcha btt de Lousame. Faremos un pequeno resumo da carreira de Poio e da marcha de Lousame.

XC POIO (28-4-12)

Sábado, 12 da mañán, equipo de competición OEA formado por Carlos T. e Jory preparado para arracar para Samieira, todo supervisada polo noso presidente, que nos axudou a ubicar a archiconocida CARPA OEA jeje co seu PHOTOCALL que papa solo. Listo todo o "merchandaising": carpa oea, photocall oea, cacharra oea, bandeira oea, toalla oea, imán oea, e furgalla oficial C-15 OEA. 

Arrancamos cedo, para comer ala, montar todo o tinglado, ver o recorrido e facer todo con calma. Unha vez que chegamos alá, había sitio dabondo e comezamos a desenvalar todo. Montamos carpa e photocall, a verda e que da outra imaxe ehh, quitamos o rodillo, moqueta oea jejejje e ala, ahora a comer, detalle, mesita de playa, jajajja apuntado para a próxima, e bridas, e cuchillo. 

Logo de comer decir que o tempo se nos botou un pouco encima...pero bueno, solventamos dito inconveniente de maneira eficaz cun bo quecemento, xa en rodillo. A comida xa baixara bastante ben e o corpo tiña ganas de tralla. O circuito de Samieira?, qué decir. É moi técnico e roto, subida larga e ancha de coller ritmo duro e logo a baixada con moita pedra, algunha suelta demais. 

Tocaba o turno de ir para a parrila de saída e prepararse para dar un total de 5 voltas a un esixente circuito de 6 km. Taboada 4 voltas en categoría Junior, xa vos contará a súa experiencia nun comentario. O dito, saída conxunta de élite e senior, e claro coma foguetes para arriba. Decir que non me gusta nada esta saída conxunta, saímos detrás de todo e pasanme cousas como o que me pasou, que iba detrás de uns e soltaron unha pedra que con tan mala suerte doume no canto do freno de disco e abreumo un pouco e dobloumo, o que fixo que fora rozando toda a carreira, ainda que eu pensei que era un radio que me rompera... Pois eso, saída a fuego e como siempre eu que intento ir cara adiante, pero as saídas tan rápidas non son o meu e comeza a pasarme a xente. Quedo rezagado nas primeiras voltas ó 6º lugar. Sufríin bastante para intentar aguantar o ritmo dos da cabeza nas subidas. Viñeron as baixadas e ala imos, coma tolos. A primeira volta xa tiven un percance con Ruben (Verín) que querendo apartar botoume un pouco da trazada e fun contra un eucalipto, pero puiden seguir case sen problemas. 

Logo nas seguintes voltas comecei a sentirme algo millor pero o ritmo diante era bastante fuerte, sobre todo nas subidas, ese ritmo fuerte subindo a min mátame, pero bueno intentaba aguantar e costa abaixo a dalo todo, literalmente, e claro pasa o que pasa, que no mismo punto que na anterior volta, e adiantando de novo a Ruben (Verín) salinme un pouco da trazada e do rápido que iba non puiden rectificar, resultado, caída wapa despois de petar contra unha cachopa....Ver video....


Tan pronto caín púxenme en pie e para diante outra vez, pero bueno xa non foi o mesmo, a rabia de caer puido conmigo e o dolor na perna e brazo esquerdo tamén. O resto da carreira foi intentar manter diferencias coa xente que me perseguía e asegurar o podium que me costou sudor e sangue. A última volta xa foi tamén bastante de manter e non caer e seguir o consello de Fátima, que me berrou por caer e se volvía a caer.....jejejjeje. Por eso que lle fixen caso. 

Pola miña parte decir que o podium e a carreira foi moi bonita, ainda que moi moi dura, polo menos para mín. De sensacións iba ben pero de pernas...non tan ben e as caídas deixáronme tocado física e moralmente... Por eso que este 3º posto me sabe moi ben. 

Carlos T. por fin remata unha carreira de XC, e personalmente sei o importante que é. Darlle ánimos para que siga aprendendo a correr, non solo e dar pedal, hai que ter moita cabeza e conocer e controlar moitas variables como recorrido, adversarios, bicicleta.... Fixo 6º e acabou moi contento, que é o que interesa. 


Darlle as gracias a Manuel, Patricia e fillos por vir a vernos e animarnos, sodes un apoio moi bo, e sempre da gusto escoitar ánimos dende a barrera... 



III MARCHA BTT LOUSAME (29-4-12) 


 
Logo da xornada de competición, tocaba vuelta a la calma e que mellor forma que facendo unha marcha de 40 km, con 1300 m de desnivel e un recorrido acojonante. 

Quedamos ás 08:15 para arracar, xa que era ahí ó lado. A todo esto, na furgalla de Panchito que VAI A DIOS¡¡¡

Asistentes: Necho, Sergio. Panchito, Carlos T., Adrián A., Manuel V e Jory. E Taboada´s father como asistencia jejejje


Recollida de dorsales como mandan los cánones e arrancamos. Como non podía ser de outra maneira e ven sendo un clásico, os OEA´S de últimos. Saída sen complicacións polo circuito de BMEQUIS que a mais de un xa se lle atragantou jajajajjajja. Polo resto sen complicacións e sen problemas, salvo algún atasco ó principio da ruta. Tramos moi chulos, recorrido traballado, marcado, ben sinalizado e os OEA´S que comezan a coller ritmos diferentes. Ata o primeiro avituallamiento non houbo moitos problemas salvo unha señal que estaba un pouco alta demais para a vista e nos colamos moitos en dirección contraria, menos mal que demos a volta e sen problemas. Logo da primeira parada con naranxas, chiculate, e demás bebidas, continuamos algo mais xuntos hacia o alto do primeiro monte onde estarían as subidas mais duras da ruta, con pendientes de ata un 22% que realmente se facían moi duras, pero ca fortaleza mental e física de un OEA, subiuse sen mais. Unha vez no alto e logo de meterlle ó corpo unha proba de todo o surtido de chocolatinas, cañas, futa, zumos etc que había por alí continuamos. 

Panchito en pleno vuelo
Segundo a organización dende este punto xa "ERA TODO PARA ABAIXO, SEN DAR PEDAL 16 KM" malditos ca...., jajjajajja habia bastante baixada e moi chulas por certo pero tamén subidas pestosas que se fixeron mais que amarradas a medida que o día se puxo gris e caeu unha granizada potente potente. O barro apareceu e claro....a chavalada non está preparada para conducir en barro. Resultado: Adrián A. ó suelo e o compañeiro Carlos T. idem, os dous por problemas de presións en neumáticos dianteiros jejeje


                                                                                                   

Jory no tramo espectáculo ca doble....
Todos os que fomos quedamos moi contentos co recorrido, e que chovera e granizara e estivera o terreno algo mais húmedo e resbaladizo non fixo máis que darlle un toque épico á ruta que xa de por si lle chegou en dureza.

A todos nos chegou ó peito, pero quedamos contentos co trato recibido.

Ó rematar a ruta, como siempre, lavado de bikes onde se quedaron bastante cortos co tema das mangueiras, recollida de material co tempo xa moi pestoso, ducha (auga fría jejeje), e intentar arrepañar algo dos pinchos que houbera xa que pouco vimos. Menos mal que había pan e ensaladilla por alí. e algún que outro helado. 

Xa para rematar había un sorteo e alí estábamos os OEA´S comentando a xogada entre todos cando de repente , e xa no último regalo a sortear, vemos que sale o dorsal 186, e quen era???? JORGE PÉREZ FERNÁNDEZ¡¡¡ jajajja Tocoume o regalo estrella de unha fin de semana para catro persoas nunha casa de turismo rural juju. Eu flipando alá fun co meu heladito darlle a man ó Excmo Sr. Alcalde de Lousame que me entregou o detalle. Logo de comentarios jocosos ó respecto, arrancamos para Bertamiráns ca idea de parar a tomarlle unha e o destino foi a nosa taberna, o NY, donde nos enchemos a tapitas e algun que outro a outra cousa jejejeje. Moi bo día señores¡¡¡ A próxima está á volta da esquina. 


E bueno esto foi todo esta fin de semana, valeu a pena. Por Ponferrada, sei que todo foi moi  moi ben, rematando todolos OEA´S asistentes e incluso Dabiz fixo podium na categoría de Duathlón¡¡¡, cun fantástico 1º posto ;) Pronto crónica.




Un abrazo a tod@s. 
Jory

P.D: comented

lunes, 23 de abril de 2012

VIGO BIKE CONTEST (OPEN DE ESPAÑA BTT)

Hola chavalada¡¡¡

Logo da resaca da Marcha OEA, tocaba a volta ás competicións. E menuda volta, nada mais e nada menos que un Open de España, en Vigo. TREMENDOO. Bien, por partes.
Domingo 7 a.m. sona despertador, en pie, a vestirse coa roupa OEA, e para desayunar. Café, tostadas, zumo e platanillo. Salimos de Bertamiráns Carlos T. mais eu dirección gasolinera para recargar o deposito da ultrasónica C-15 que xa estaba lista de novo, logo do intento de roubo, jeje. 

Autopista como siempre, musicacha de concentración e chegamos a Vigo ciudad. Ostia¡¡ son as 8:45 e ás 9 cerran entrega de dorsales¡¡ modo trameado ON. No diré más, pero cruzamos todo Vigo coa c-15 rujindo. (outra cousa non fai eh ajaja). A todo esto, falando con Taboada polo temos da inscrición, démonos conta de que algo fixeran mal, non pagar jajaja. Entramos na caseta de entrega de dorsales e SORPRESA¡¡ a miña licencia non era a miña, era a de Oscarito, ¿cómo carallo apareceu alí? nin p.i., pero case me costa non poder participar na carreira, ainda que finalmente non tiven problema. O que si que tivo problemas foi Taboada, xa que non aparecía inscrito e debía pagar 30€ por un viaxe, jajajja entón dixolle que nahh.


 Como a saída da miña carreira non era ata ás 12:00 e eran as 09:30 decidimos preparar a miña bike e ir ver a carreira dos Masters. O circuito para min e o mellor de toda Galicia, encántame. Non ten zona de pedras case, baixadas limpas e rápidas e con raices, subida larga e algo pestosa pero unha baixada moi chula, e o mellor de todo, XENTE animando. Qué gusto da ver a tanta xente berrando e animándote, é o que mais me mola das carreiras e claro un que se quenta.... e por suerte todo me saleu ben pero algún saltiño que outro podía evitalo jeje. A carreira dos Masters unha pasada, un nivelazo de corredores e cómo andan os moi cabróns. As baixadas dende fora vense máis impresionantes que dende dentro...

Pouco a pouco o tempo pasaba e era a miña hora, a hora de comezar o ritual de quecemento. Arranco a cambiarme e a rodar. Non me deixaron dar nin unha volta ó circuito pero bueno, recordabao do ano pasado e non cambiara case nada. 1h de quecemento mas/menos e chaman por nós. Á Parrilla das sardiñas, digo á parrilla de salida jeje. Ali había moito pro de dios mimah, que si Coloma, Mantecón, Trujillo, e un largo etc que son habituales das copas do mundo. A miña categoría era unha mezclilla de elite e senior. EXPERT lle chaman, como os electrodomésticos si jajaja. Alí estabamos uns 20 tipiños. Conocidos e desconocidos. Nando, Anxo, Miguel Penedo, Luciano Carretero....etc. Objetivo? Entre os 8 primeiros estaría ben. Pistoletazo de salida e ala vamos¡¡¡. As pulsacións suben de repente de 0 a 100 e parece que na primeira subida o corazon se vai salir pola boca pero bueno imos collendo sensacións metro a metro... A primeira volta e parte da segunda fagoa con "Lucho", ritmo medio-alto en subida e conservador en baixada. O circuito impresionante, xa estaba moi pisado, non choveu case nada e ainda que estaba resbaladizo a larsen tt 1.9 amarrou bastante ben. Antes de comezar a baixar na segunda volta adiantolle a Luciano intentando apretar un pouco mais na baixada e consigo ganar unha pequena vantaxe pero arriesgando algo mais da conta....e incluso perdendo a cacharra da auga. Sen auga nin de coña seguiría aguantando e menos mal que tiña a Carlos T. cun bidón para min. VER VIDEO 

Logo de recoller o bidón de auga e meterlle un chopo grande sigo dándolle duro. Vexo que os perseguidores están preto pero eu non apreto mais xa que á larga eso pódete matar.

Última volta e paso por linea de meta como un animal, case me vou ó chan e a xente flipando ca cruzada que lle metín xD Son un caso perdido cando me quentan jejeje. Esta última volta xa se facía dura dura, sobre todo un tramo de subida no cal era bastante complicado subilo todo na bike e ó ter que botar o pe ó chan pffff como se poñian as pernas madre mía, duras duras¡¡. 

Por fin comezaba a última parte, a zona de baixada, control control control e cabeza, decíame a min mismo e ala, pasolle a un biker por encima ca miña bici ajjajajja. O tipo era un almendraoo, a ver se me lee, siii ALMENDRAO e digolle Dereita¡¡ e o tipo non vai e se bota para a dereita?? jajaja ainda por encima cae e eu sen poder esquivalo pasolle ca bike por encima da sua roda (menos mal que non ll rompin nada xa que eran unhas SLR xD) e logo deste pekeno incidente chego ó ultimo km de carreira onde xa me pasan alguns dos pros, que maneira de andar jojo. Como molou compartir carreira con estos grandes ;) 


Finalmente rematei en 6º lugar, segun as clasificacións oficiais, onte no Facebook puxen 5º xa que no tablón da organización aparecía asi. Pero bueno que acabei super contento, con moi boas sensacións, sen caidas, sen roturas, e sen problemas musculares. Cousa que é de salientar. Dar as gracias a Carlos T. que estivo animando en todo momento. Foi unha gran experiencia para un aficionado ó ciclismo coma min...Sí señor. 

Un abrazo a tod@s. 
Jory

P.D: comented

viernes, 20 de abril de 2012

ALAMBRES DE ESPINO EN EL RUBIAL




  hola compañeros


estas son unas fotos que no queriamos subir pero ahi van COMO DENUNCIA Y COMO AVISO

es en la trialera larga de la marcha, la bajada del Rubial despues del segundo avituallamiento, hoy hemos ido a entrenar un poco y en la bajada nos hemos encontrado 3 ALAMBRES DE ESPINO DE ARBOL A ARBOL, EN MITAD DEL CAMINO ... con intencion de hacer daño nada de avisar " por aqui no se puede pasar" o algo por el estilo, como comprobasteis eso es monte puro y duro, nada de cultivo y no se el daño que puden hacer unas bicis, pero siempre hay algun ENERGUMENO HIJO DE PUTA (y aqui la educacion no viene al caso) que cree que el monte es suyo, y que conste que a lo mejor lo es, y le molestamos, pues ok majete, nos pones un cartel que como tenemos mas cultura que tu lo leemos y no pasamos por ahi y listo ... que esta bien defender lo tuyo, pero no a costa de la salud de los demas, GILIPOLLAS!!



y ahora una mencion a los amigos de la benemerita, osea la protectora GUARDIA CIVIL DE BRION; cuando encontramos el primer alambre pensamos que era cosa de un TONTO, lo quitamos, el segundo Martin no lo pudo evitar y se engancho en el, rascazo en el brazo y chuvasquero roto, llamamos al 112, le explicamos la situacion y le pedimos que mandaran al Serprona ... al minuto nos llaman " que la ilustrisima Guardia Civil manda que pasemos por el cuartelillo a poner la denuncia" .... seguimos bajando y nos encontramos el tercer alambre ...

CUARTELILLO GUARDIA CIVIL BRION; NI PUTO CASO!!! que si no saben si el monte es privado, que si no saben si se puede poner alambre de espino, que si esa parte del monte corresponde a Rois o Padron, que no podiamos poner denuncia porque no sabiamos quien lo habia hecho, que para que iban a llamar al Serprona, que daran aviso a Proteccion Civil para que retire los alambres ... y como nos pusimos pesados ya empezaron a insinuarnos que podian denunciarnos a nosotros por atravesar una propiedad privada ... eso si, todo con educacion picoleta, (ah! por si alguien que mande mas que ellos lee esto, esto sucedio hoy 20 de abril a las 13:50 h ... ) ...

... y si pasa algo? luego que diran? que no sabian nada?

MUCHO CUIDADO POR LA ZONA AMIGOS, YA SABEIS QUE NO TODO EL MUNDO COMPARTE NUESTRA AFICION Y POR ENCIMA BUSCAN HACER DAÑO

salu2

martes, 17 de abril de 2012

PASOU O DÍA PASOU A ROMERÍA



15 de abril de 2012, outro domingo de abril para enmarcar na breve historia dos OEA´S. Esta entrada fagoa coa intención de agradecer de algunha forma a implicación de todos os que fixeron posible este III edición da MARCHA OEA en Brión. 

Os dous anos anteriores fixo un tempo espléndido, o sol lucía con forza, o monte estaba seco, calorciño xa na subida...este ano chuvia, frío, barro e alí estabamos todos dispostos a pasar un bo día de ciclismo de montaña. Por un lado os colaboradores e xente que estivo nos cruces mirando pola seguridade de todolos asistentes, tanto protección civil, policía local, axudantes e amigos, fotografos, etc. Polo outro os case 300 bikers que dende toda Galicia se achegaron ata Brión para sufrir no "noso" monte, o monte OEA, o RUBIAL. Nunca deixará de sorprendernos ca cantidade de camiños, sendeiros, trialeras, subidas, baixadas que nos pode chegar a ofrecer. Para gustos colores pero penso que o recorrido de este ano foi un dos máis logrados das tres edicións e divertido tamén gracias ó barrillo das trialeras. En referencia ó trazado decir que houbo algún que outro sabotaxe de sinais na parte alta do monte, logo do avituallamiento grande, o que ocasionou que algun biker se perdera; dende a organización queremos pedir desculpas e invitámolos a que se están interesados se poñan en contacto co club e facemos de novo a ruta. 


Pese a que o recorrido estaba bastante perigoso, non tivemos que facer un uso excesivo dos servicios médicos e tan so houbo unha caída que precisou atención médica e traslado ó centro sanitario. Foi un membro do club, Roi, e podemos decir que xa está recuperándose do forte golpe que levou no bazo. 

Xa no pavillón descubrimos que o famoso photocall, que pensabamos que igual non facía moita gracia, foi todo un éxito e a xente riuse moito e todos os que remataron a ruta teñen a súa foto disponible nos diferentes enlaces a fotografías da marcha. (POÑEREMOS ENLACES NA WEB OEA)


Sen mais dar as gracias unha vez mais a tódolos asistentes e a todo o mundo que fixo posible un ano mais que a MARCHA OEA se levara a cabo. 

Tende por seguro que para o ano, a IV edición dará que falar jejeje. UN ABRAZO A TODOS E A TODAS¡¡¡ 

P.D: acéptanse críticas¡¡¡ 

lunes, 2 de abril de 2012

2ª PARTE RUTA OEA 2012

Grado de satisfacción ca II RUTA OEA? 
Hola amigos e amigas OEA´S. Unha fin de semana mais os OEA´S tirámonos ó monte para seguir facendo reconocimiento do recorrido da nosa marcha o próximo 15 de abril.

Saímos da praza das Tetas con idea de facer a segunda parte. Para eso dirixímonos rapidamente á parte baixa do Rubial. Comezamos ca subida larga da marcha, 5 km de ascensión que comezan aquí nestas duras rampas no medio dunha aldea que ese día nos recibirán cos brazos abertos. A subida ata o primeiro descanso é bastante esixente, debido ás pedras é o equilibrio que debemos manter en toda a subida pero que non é necesario botar pe a terra en ningún momento. O descanso está situado preto da primeira caseta.
Na foto da dereita vemos o final da ascensión nesta primeira parte. Logo continuaremos por unha vaguada do rubial ata case a cima. Se ides ó facebook podedes ver algún dos pasos que deberemos atravesar para seguir subindo. 

A subida é moi esixente pero a verdade e que tamén é moi bonita. É do estilo da do ano pasado pero pola outra cara do monte. 

Unha vez no alto do Rubial teremos o gran avituallamiento como ven sendo habitual nas edicións anteriores para dende aquí baixar ata Macedos TODO por trialeras, si si, TODO. Ciclables para o 95% da xente (baixounas Dabiz asique.....jejejejjej) e donde poderedes descargar toda a adrenalina que teñades. 

Na trialera de baixada todos chegamos cunha cara de satisfacción abaixo que non era normal ainda que Sergio tivera algún percance cas pedras. Está chulisima. Dende aquí Necho abandonou por golpe e Carlos D. como bo cuñao acompañouno xD o resto seguimos hacia as Torres de Altamira case como todolos anos. Nesta última parte da ruta cambian algúns tramos pero para mellor, conservando a zona rodadora e rápida do final e as trialeras, añadindo unha super revirada no medio. A ruta acaba como sempre na baixada do cementerio do 30 e pico % de pendiente donde estará a cámara grabando e quitando fotos. 
Panchito con cara de "non queda nada de subida ehhhh¡¡¡"


Resumindo, esta nova edición ten de todo e mais e espero que todo o mundo se acerque a comprobalo o 15 de abril. Seguiremos preparando o monte para que este perfecto e disfrutemos ó maximo¡¡¡ 

Un abrazo.

"El éxito es hijo seguro de la perseverancia y firmeza en el trabajo"  |||  JoRy ||||  Saúdos