Xa sei que o frío ainda non chegou de verdade pero.....miiimahh que friaco nas mans e no corpo. Os pelos das pernas depilados andaban furando nas pernas que metía medo.
Primeira saída oficial OEA da tempada 12-13 (calendario oficial en breves), e como sempre, a praza das Tetiñas de Bertamiráns (AMES) volverá ser o punto de encontro e saída das nosas rutas. xunto co NEW YORK, no que moi amablemente nos sirven os desayunos para coller forzas ;)
O tema hoxe presentabase ben; sol, algo de frío, bastantes OEA´s ainda que tamén se quedaron bastantes, e boas sensacións. Algunhas novedades: por un lado as BH´s de Oscarito e Jory, que volveron a sair a escena, un novo colega, Jesús, que espero que repita saída (comenta no blog ;) a ver que tal che foi) e por suposto, os novos xoguetes de Andrés e de Oscarito, os marabillosos POLAR RC3 GPS que os tiveron entretenidos toda a mañán. primeiro a ver se collían señal, logo a ver cantas pulsacións tes ti, a min dime que aprete, a min dime que.... etc etc.
O tema, alá arrancamos dirección a Picaraña sempre por corredoiras e intentando entrar en calor xa que apretaba (5ºC) pero pouco a pouco entrabamos en calor. O ambiente coma sempre prestábase para charlar e ir comentando xogadas. Rápido enfilamos o recorrido novo do AVE e velocidade de cruceiro, cos primeiros pikes da mañán. Ata aquí tooodo moi trankilo pero claro, MR PATO (que xa ten a rodilla bastante mellor) empezou a tirar de mapas antigos e ala nos meteu por uns camiños. PROBLEMA, o AVE non aparecía nos seus mapas pero na realidade si jajaa, solución subir un terraplén caralludo e logo volver baixalo, ainda que aquí veu a nota anecdótica do día, o exame sorpresa jajaja que moooi poucos pasaron. O exame en si era baixar un terraplén sin problema ningún e bueno....menuda desfeita na clase, pouca xente o aprobou, incluso os mais cabecillas da clase, tipo Joyero, naaada. imos ter que facer mais probas senon...
Kiko coma sempre dou unha volta para ir por libre e berrando berrando atopámonos, nunca falla o grito Kikuno. acto seguido veu a primeira avería da mañán, rotura de cadena da miña BH que non aguantou a presión e menudo ostiazo ca rodilla contra a potencia, aínda me doe.... por suerte arreglamos rápido e tiramos pola beira do tren cara o scala. Unha vez alí Jesús, o novo acompañante, viuse un pouco acojonado, por todo o que lle dixemos pero bah, xa se sabe como son estas cousas, exageras un pouquiño sempre. jejeje A subida sen problemas, controlando zonas de traballo co polar, controlando a kiko, e pouco mais, o ritmo normaliño. Eu por atrás acompañando a Jesús que conseguiu subir todo e coronar como dios manda. Arriba como manda a tradición, foto de rigor, e acto seguido, para abaixo, que xa tiñamos que ir de volta para a casiña.
Como vedes saímos uns cuantos OEA´S disfrutar da mañan, andrés, Sergio, Oscarito, Angel, Jory, Suso Beis, Jesús, Carlos D., Kiko, Pato e o que quita a foto, Manuel Vieites.
A baixada fixémola cara a parte de Lampai, para desde aquí tirar cara a parte da Picarañña. Enganchando montes e camiños. A baixada como sempre moi divertida e con algún que outro pique, ainda que coas rígidas que levábamos Oscarito mais eu pfff era algo complicado coller bo ritmo sen arriesgar. Todos abaixa decidimos seguir por sendeiros ata a Picaraña. Decir que Jesús xa iba algo muerto pero coma un compeón aguantou. Unha vez na Picaraña decidimos tirar polo camiño de Santiago cara Osebe e Milladoiro polo camiño de Santiago. Eso sí, na feira de Francos, no san martiño, uns tiraron directos para Milladoiro e outros para Osebe polo camiño. Xa estabamos a rematar o día. Pasando por firminstáns os mais muertos tiraron por carretera para Bertamiráns e o resto (Joyero, Pato e o que escribe) tiramos gasoducto abaixo para darlle un apretón ó corpo e deixar de lado tanto asfalto, e menudo apretón eh jajja démoslle de lo lindo ¡¡ molou. Xa en Bertamiráns cada un para o seu lado e tomámoslle unha no Americans mentras reflexionabamos a quen íamos a votar. Pola tarde a votar e tan contentos con este domingo que que queredes que vos diga, a mín xa me apetecía¡¡
Un abrazo OEA´S
JORY