lunes, 19 de noviembre de 2012

PEDROSO by KIKO

                                                      DOMINGO 18 -11-12
               
                                        E NOS XUNTAMOS UNS CUANTOS
eran cerca das 9:30,cando nos fumos achegando a plaza das tetas (mais ben o new york),uns cuantos ,oeas, algun cabra, e mais mue primo e os amigos da rapazada,uns tomando café outros parlamentando .decedimos arrancar cara o pedroso, q si subimos por ali q non q sabe juan un sitio pa non ir directo.ala arrancamos direccion da de mallo,vaia tropa q eramos non os contei pero eramos moitos sa facia tempo q non se formaba a grupeta tan grande,encamiñados polo monte sbimos cara auga pesada,pa logo conectar ca subida pa o san marcos ,facendo gala do coñecemento da zona ala nos levou juan ,chegando o propio monte  decidiu cambiar a subida prevista pois na mente de algun taba orecordo q era moi dura ,e tiramos pa baiso pa dar un pequeno rodeo ,e mellor dar esta volta q non se sufre tanto ,e coronamos a base do san marcos,ali apareceu jose ,canto monte coñece nos adarlle parriba e el polos atallos ,reagrupamiento e partida cara o pedroso ,polos montes de brns ,donde os gps deixaron de funcionar pios non sabiamos ben por onde taba o camiño (como cambia o montye nuns meses )dixo juan ,e tiramonos polo medio do monte pa baixo ata q a julio se lle encendeu a bombilla sa sei por aqui q ali ai unha baisada  edespois uns senderos polo medio da carballeira,pa baixo logo 1 percance do dia rotura de patilla do amigo da chavaladam,arreglamola e segimos 2 percance o muelle da pastilla de angel arreglado e pa diaate  aqui comenzaban os famosos senderos ,volta pa tras por aqui non e ,seguimos  padiante ,3percance do dia vaya ostia me metin con pinchacarneiro e todo ,vinme no regato gracias o carballete onde me amarrei buuuf vaia susto  continuamos sen novedad aqui deisaronnos jose e mari nos cntinuamos cara o pedroso saindo a piñor onde nos deisaron  carlos mais necho,encamiñados cara o pedroso 4 percance pinchazo de fernando (meu primo )cambio e decatamonos q falta adria mais un rapaz  ,ali e donde carlos t o chama e non se sabe o q lle pasa pois colgolle o movil,dali sa camiño pedroso sa se sabe xulio imos por aqui q ai unha baixada q sa veredes ala fumos sa no pedroso topamonos conopai de carlos t logo de baisar polo medi dos toxos (ests xulio )sa se  sabe encamiñamonos pa casa sen antes ver uns chinchos de xulio,carlos t ,jory  e o rapaz q non sei o nome .e daqui marchamos pa casa eu mais mue primo con manuel v e os outros ploo camiño cara bertamirans ,espero q sen novedad saudos,non poño nomes pois non me quero olvidar de niguen ,e un pouco por riba o que sucedeu onte

jueves, 8 de noviembre de 2012

XIII Carreira Pedestre Popular de Ames

      Bós días teñades chavalada ! Aquí a Pekenada vaivos relatar con puntos, sinais e tetas o que deu de sí a Pedestre de Ames do domingo pasado ! En sí o dia amencía tranquilo, sen aire, fresco pero sen trazas que querer Zeus poñerse a mexar sobre nós. Acercándose as 10 da mañan, cheguei a Bertamiráns onde aparquei o Clio OEA Sport Limited 16V entre un coche e un contenedor onde só cabía unha castaña! Mira que estaba a chegar xente !!!! Recollida de dorsais e comezamos a atoparnos os OEAs ! Manuel co seu inseparable sobriño, e depóis o Llongueras e mailo Harry !!!! O dorsal con sorpresa! No meu Nick poñía PEKENO, orgullo en el pecho y a calentar ! Para quentar nada mellor que trotar, un Red Bull cortesía do Budi e uns bos estiramentos! Pouco a pouco xuntámonos tódolos OEAs, a saber: Kiko, Carlos Duro, Suso Beis, Manuel Vieites, Ito, Pekeno e de acompañantes " o rodaballo da pontecarreira" e mailo meu amigo Adrián ! Todos preparados na salida ata escoitalo PUM!

     Alá vamos todos, entre case 470 becerros, frenados por saír algo máis atrás do que deberiamos, eu intento gañar posicións para que a xente non me entorpeza (lección da pedestre de Santiago), pero o meu ritmo non é bó e alá me adiantan tódolos OEAs....véñome un pouco abaixo pero refágome para poñerme detrás deles. Certo é que sufría como peixe en mermelada pero a gripe e o non entrenar esa semana estábame "papando vivo" nun terreno moi chán ! Seguimos ata que nos metemos no tramo de monte....onde faciamos cross e drifting todo en uno! Como se patinaba na lama!!! O truco era ir pola herba alta que agarraba mais! A todo esto eu via a tódolos OEA ,menos a Suso que xa iba 1 kilometro diante, con moi boa cara, e eu a piques dun infarto. Remata a lama e voltamos ao asfalto, eles xa me quitan 200 metros, pero había menos xente e a posibilidade de remontar era "factible" se non é que fora asfixiado. Pero remonto, pouco a pouco, e derrepente o primeiro cadáver, otra vez Kiko, con cara de corcho, cuxa escusa era: "as 5 cervezas de onte estanme matando!". Xa falta pouco e chegamos a entrada do paseo ao cal teriamos que dar unha volta, alí estaba Andrés, tan majo él e solidario, que anima a Carlos e pasa de min cando iba delado del... Decir que a volta ao paseo gustoume máis ca do ano pasado e dá gusto ver como a xente te anima !!! O resto foron chegando mais ou menos nun marxe de 5 minutos.

    En definitiva, unha moi boa mañan, de menos a máis no meu caso, descubrindo que o meu forte son esos km. finais; e cun tempo de 34:17 e posición 206, nada mal tendo en conta a situación. Foi unha moi boa mañan, cun gran clima que propiciaba a práctica do "Running"! Unha froita, ver como corren os rapaces e a ver a F1 !!!

(Solo teño esta foto jeje)

Saúdos!

Pekeno

miércoles, 7 de noviembre de 2012

V MARCHA SERRA DE OUTES

Mas vale tarde que nunca.

Este domingo 4 de novembro arrancamos direccion a Serra para facer a ruta BTT que nos tiñan preparada estos amigos, ainda que ter amigos para esto.... Jajaja. A expedición OEA formada por Pato, Joyero, Panchito e moi, Jory. 

Como está aquí o lado, non tivemos que madrugar tanto e nun plis estabamos en Outes, non sen antes parar no ventos a tomarlle un cafeciño e algo de desayuno. Maña fría, pero non chovía asique dpm! 
Chegamos e xa habia moito movemento. Entrega de dorsales (un pouco ruíns xD) pero sen atascos nen nada, perfecto. Chegaba o momento de coller as monturas e aquí aparece Pancho coa rígida do presidente, a Jhon Luck do 92¡ 

Arrancamos mais ou menos polo medio do pelotón, (como se notan algunhas baixas jaja) e a intención en todo momento era rodar os catro xuntos, xa sabedes, ,o mítico. Bueno non duramos nin 3 km e xa iban pato e o joyero diante e Panchito mais eu xuntos atrás. Menos mal que non me fixo falta porque me di o joyero, non leves bombín que xa o levo eu e como imos ir xuntos se che fai falta xa che axudo. Jajajaja menos mal que non fixo falta. 

A ruta unha autentica pasada, camiños con algo de barro, subidas esixentes sobre todo a parte larga, vistas increibles, a xente super amable nos avituallamientos, as baixadas a pique con Panchito nas nosas rígidas moi divertidas jeje (vaia técnica o Panchito na Luck eh cuidao! Jeje.) os de adiante sei que Pato tivo algun que okutro problema ca cuberta que lle pinchou e lle botou unha man Eze, que tamen andaba por ali dando caña. Angel sen problemas na ruta ainda que como chegou moito antes que nos, papou un frio de c..... Ali esperando. E Panchito que sufriu mais do normal na rigida pola postura algo forzada e os km nas pernas, 54 en total de puro BTT que remataban cunhas subidiñas moi cabronas o final de todo. 

Ducha en auga quente, pinchos o acabar, saudos a organización e todos contentos. MOI BOA RUTA!   O recorrido xa digo que foi DURO pero precioso. Ahora xa nos empeza a tocar a nos.... 


Un saúdo
Jory (desde a miña cama) 

martes, 30 de octubre de 2012

XXXV Carreira Pedestre Popular Santiago de Compostela

Pois alá fomos, uns cuantos inconscientes, a adentrarnos nunha disciplina que non é a reina para nós. Correr. E menos sin levar detrás a un policía ou ó dono dunha leira ca jalla na man porque lle movimos os marcos ou porque lle saltamos porriba do pastor eléctrico.

Os esfola-runners-OEA-PRO-TEAM eran: Suso Beis, Carlos Duro, Carlos Abogacía, Pekeno, Kiko, Ito, Manuel Vieites, Martín, e Oscarito que escribe. O Pelucas tamén andaba por alí, e moitos conocidos da zona. Tempo despejado que propiciaba un frio que rascaba máis da conta.

Quentamos un pouco... reunímonos, risas, cada cual cas pintas máis globeras (ou como carallo se chame globero no argot running). Que si o GPS colle señal, que si chegamos xustiños de tempo, que si tal que si cual...PUM! pistoletazo e alá salen todos os de adiante fora alma.

A miña idea era correr a un ritmo medio de 4:10-4:20, e como levaba ferramenta, podía ir mirando e así podía medirme mellor. A salida fatal, supermasificado. Correr de puntillas e frenando costa arriba pero bueno, es lo que hay. Coronamos moi lentos a primeira subida e xa hai claros grupos.

Eu-suso, Carlos por libre, Duro-pekeno-ito-manuel, e Kiko que xa sexa MTB, correr ou birras, sempre facendo a goma e indo a recalentóns jajaja. Ambientazo en todo momento. Xa vou collendo o ritmo intentando coller ós que van correndo á miña velocidade estimada. Suso que se vai quedando ata que no KM5 xa o perdo.

E tampouco vos quero aburrir. Zapatilla pa diante, regulando moito, nas costas subindo un pouco o pulso e cando se corona Vite leña pabaixo e todos os santos axudan. Eu aquí vinme un pouco abaixo porque eso de correr pabaixo non é o meu. Entrada en meta en 51min e contento porque corrin en 4:15. Por detrás o resto, suso, duro, manuel, pekeno, kiko, ito, abogado. Martín creo que me sacou 3 mins ou así, bueno, podedes consultar todos os RESULTADOS AQUI. 

Reunímonos todos no obradoiro e intercambiamos impresións, todos melloramos rexistros pasados e todos satisfeitos. Como guinda entrevistáronme de CorreoTv e salín pola noite na tele con cara de extasiao, pero foi simpático



Despois cañita vendo correr a Alonso, que ese si que fai rápido o KM e para casa. Así da gusto, unha horiña de sufrimiento e o resto disfrute. Pasamolo moi ben, ambientazo en todos lados e en especial na zona vella. Merece a pena correla ainda que sexa porque animen todo o que non animan cando son probas de bici. Eu ahora seguirei adestrando a correr que é parte fundamental do Tri.

Así que nada amigos, a seguir adestrando en todo o que se poida e a seguir mellorando para arrancar con forzas a tempada! vémonos!!!

Oscarito!!

lunes, 22 de octubre de 2012

ANTENAS SCALA OEA

Xa sei que o frío ainda non chegou de verdade pero.....miiimahh que friaco nas mans e no corpo. Os pelos das pernas depilados andaban furando nas pernas que metía medo. 

Primeira saída oficial OEA da tempada 12-13 (calendario oficial en breves), e como sempre, a praza das Tetiñas de Bertamiráns (AMES) volverá ser o punto de encontro e saída das nosas rutas. xunto co NEW YORK, no que moi amablemente nos sirven os desayunos para coller forzas ;) 

O tema hoxe presentabase ben; sol, algo de frío, bastantes OEA´s ainda que tamén se quedaron bastantes, e boas sensacións. Algunhas novedades: por un lado as BH´s de Oscarito e Jory, que volveron a sair a escena, un novo colega, Jesús, que espero que repita saída (comenta no blog ;) a ver que tal che foi) e por suposto, os novos xoguetes de Andrés e de Oscarito, os marabillosos POLAR RC3 GPS que os tiveron entretenidos toda a mañán. primeiro a ver se collían señal, logo a ver cantas pulsacións tes ti, a min dime que aprete, a min dime que.... etc etc. 

O tema, alá arrancamos dirección a Picaraña sempre por corredoiras e intentando entrar en calor xa que apretaba (5ºC) pero pouco a pouco entrabamos en calor. O ambiente coma sempre prestábase para charlar   e ir comentando xogadas. Rápido enfilamos o recorrido novo do AVE e velocidade de cruceiro, cos primeiros pikes da mañán. Ata aquí tooodo moi trankilo pero claro, MR PATO (que xa ten a rodilla bastante mellor) empezou a tirar de mapas antigos e ala nos meteu por uns camiños. PROBLEMA, o AVE non aparecía nos seus mapas pero na realidade si jajaa, solución subir un terraplén caralludo e logo volver baixalo, ainda que aquí veu a nota anecdótica do día, o exame sorpresa jajaja que moooi poucos pasaron. O exame en si era baixar un terraplén sin problema ningún e bueno....menuda desfeita na clase, pouca xente o aprobou, incluso os mais cabecillas da clase, tipo Joyero, naaada. imos ter que facer mais probas senon...
Kiko coma sempre dou unha volta para ir por libre e berrando berrando atopámonos, nunca falla o grito Kikuno. acto seguido veu a primeira avería da mañán, rotura de cadena da miña BH que non aguantou a presión e menudo ostiazo ca rodilla contra a potencia, aínda me doe.... por suerte arreglamos rápido e tiramos pola beira do tren cara o scala. Unha vez alí Jesús, o novo acompañante, viuse un pouco acojonado, por todo o que lle dixemos pero bah, xa se sabe como son estas cousas, exageras un pouquiño sempre. jejeje A subida sen problemas, controlando zonas de traballo co polar, controlando a kiko, e pouco mais, o ritmo normaliño. Eu por atrás acompañando a Jesús que conseguiu subir todo e coronar como dios manda. Arriba como manda a tradición, foto de rigor, e acto seguido, para abaixo, que xa tiñamos que ir de volta para a casiña.

Como vedes saímos uns cuantos OEA´S disfrutar da mañan, andrés, Sergio, Oscarito, Angel, Jory, Suso Beis, Jesús, Carlos D., Kiko, Pato e o que quita a foto, Manuel Vieites. 

A baixada fixémola cara a parte de Lampai, para desde aquí tirar cara a parte da Picarañña. Enganchando montes e camiños. A baixada como sempre moi divertida e con algún que outro pique, ainda que coas rígidas que levábamos Oscarito mais eu pfff era algo complicado coller bo ritmo sen arriesgar. Todos abaixa decidimos seguir por sendeiros ata a Picaraña. Decir que Jesús xa iba algo muerto pero coma un compeón aguantou. Unha vez na Picaraña decidimos tirar polo camiño de Santiago cara Osebe e Milladoiro polo camiño de Santiago. Eso sí, na feira de Francos, no san martiño, uns tiraron directos para Milladoiro e outros para Osebe polo camiño. Xa estabamos a rematar o día. Pasando por firminstáns os mais muertos tiraron por carretera para Bertamiráns e o resto (Joyero, Pato e o que escribe) tiramos gasoducto abaixo para darlle un apretón ó corpo e deixar de lado tanto asfalto, e menudo apretón eh jajja démoslle de lo lindo ¡¡ molou. Xa en Bertamiráns cada un para o seu lado e tomámoslle unha no Americans mentras reflexionabamos a quen íamos a votar. Pola tarde a votar e tan contentos con este domingo que que queredes que vos diga, a mín xa me apetecía¡¡ 

Un abrazo OEA´S 
JORY

domingo, 7 de octubre de 2012

ORGANIZACIÓN RUTA FISTERRA OEA 14-10-12


Como xa ven sendo habitual en cada inicio de temporada tódolos socios e amigos de socios OEA, iremos en ruta BTT dende Bertamiráns ata Fisterra polo camiño de Santiago. A saída será o día 14 de octubre, domingo, sobre as 8:00 ou 8:30 da mañá da praza das tetas en Bertamiráns.

Teremos autobus para levarnos mochilas e algunha xente e para volver todos. 


Para os socios OEA a viaxe de volta en autobús será gratuíta, so terán que pagar o prezo da comida que roldará os 20 €. Para os non socios hai que incrementar 10€ da viaxe en autobús.

Establécese un límite de 25 persoas para volver no autobús debido á capacidade da maleta.

Para inscribirse por favor deixar un comentario no blog OEA ata o mércores 10 de octubre. Se tedes algunha duda contactar con Jorge no email osesfolaarros@gmail.com


lunes, 1 de octubre de 2012

CRÓNICA DUNHA MORTE ANUNCIADA (con permiso de Gabo)

Como se pode adiviñar, refírome á fin da tempada de estrada.


Pobre de nós. O bo é, ao igual que pasa cos "sanfermines", que xa falta menos para a próxima.

A partir de agora principalmente MTB. Con iso recuperamos a José, Necho e Manuel.

Na última (por agora) saída de estrada, uns ata Fisterra con Oliveira, CC Ames, CC Botafumeiro, e outros, os máis, un anaco esta ruta e despois a non sei onde.

Reunímonos en Bertamiráns, sobre as nove. Que se no New York, que se en Don Budi, ao final na praza de sempre, papando frío, facéndolle compañía á muller de Rafa "o vasco" do Ames, que estaba a esperar a furgo de Oliveira para cargar as bolsas de deporte.

Estabamos Suso Beis, Kiko, Sergio, Ito, Andrés, Panchito, Jorge, Oscar, Juan, José e eu.

José de visita; ía en MTB, fiel aos seus principios.

Niso, chegou o pelotón, que saíra do Obradoiro. Angel Porto na cabeza, tirando, como sempre, e uns 50 detrás. Unímonos, á cola, tamén como sempre.

Subimos Urdilde e Martelo, suave. Cando estabamos a coroar, E. Mosquera, non Ezequiel, senón Enrique, é dicir, Kiko, disputou contra si mesmo unha imaxinaria meta voante, e loxicamente gañouna. E despois foise, sen máis; non sei que tiña cunha muller en Padrón.

Baixamos San Xusto. Sergio e eu freando, porque temos a teoría de que a velocidade máxima á que se pode ir en bicicleta, ao igual que á que se pode facer o outro, é 68, porque a 69 dás a volta.

Xa finalizando a circunvalación de Noia, nos adianta un coche da Garda Civil coa serea posta. Moitos pensaron que ía pararnos por exceder de non sei que número a partir do cal hai que pedir permiso, ou outro rolo. Nada diso, eran uns colegas; situaron o coche no cruce para que pasásemos sen problemas. Aos de diante, coa mosca detrás da orella, non se lles ocorreu outra cousa que parar, ata que alguén que estaba ao lado de Oscar dixo que tirasen para diante, que "acusatio non petita acusatio manifiesta", é dicir, que como permaneceramos parados lle iamos dar a idea de dicirnos algo.

Continuamos, uns a Fisterra, pola ponte, e outros, o groso dos OEAs, cara a Serra de Outes, ou o mundo de nunca xamais, sabe Deus.

Moi bo rolo; uns mellor e outros peor físicamente. A chegar a Muros paramos coa intención de tomar algo, pero niso Oliveira comentou que era bo que os que ían peor que seguisen, que os acompañaba el; os demais xa os collerían.

Non o dubidei un só instante, eu tamén seguiría, quedarse sería un suicidio. Duro ía a ser dar alcance ao primeiro grupo. A maioría pensou igual e continuamos uns 30.

Tiñamos razón, dos 20 que quedaron, cando nos neutralizaron, despois de Corcubión, como non, con Angel Porto tirando, só chegaron 6. Os outros foron quedando, esgotados, con cambras. En tan pouca distancia é moi duro recuperar os 20 minutos de vantaxe que lles levabamos.

Aproveito para render o meu particular homenaxe a Angel Porto, sempre sacrificado tirando do grupo e recuperando atrasados. O resto do noso club tamén axuda cando fai falta, pero el é unha xoia, con todo o mundo. Nesta saída non necesitei a súa axuda, pero noutras ocasións brindouma, como o outro día que fomos a subir Ézaro; á volta, nos últimos 10 quilómetros, esperoume e tirou de min (e tamén de Pequeno, aínda que el diga que me estaba a esperar).

Hoxe cheguei moi ben, co lóxico cansazo pero non esgotado e entre os 20 primeiros; supoño que algúns quedaron atrás polo sobreesforzo de neutralizarnos. Arriba estaban 2 ex OEAs, David e Fernando. Regresaron en bicicleta.

Antes, cando pasamos diante da casa dos pais de Ito acordeime do ben que nos trataron a última vez, da froita e bebidas que nos ofreceron e da caldeirada que non puido ser.

Falando de comida, durante a de Fisterra (manifestamente mellorable, sobre todo o peixe, que parecía en salgadura e o viño ribeiro branco, embotellado en Valladolid e ajerezado) falouse de organizar unha cea de nadal entre todos os clubs ciclistas de Santiago e bisbarra.

Esta crónica non a escribín eu, senón o siri do meu iphone. Seguindo os consellos que Andrés me deu o sábado no Américans, díxenlle: "escribe a crónica da xornada", e xa vedes.

Pretende estar á altura das demais, pero é difícil, especialmente do toque de humor de Oscar. Un xenio.

Falando do Americans, Juan, a hamburguesa e a pizza que levei estaban moi boas. Es un fenómeno. Niso e tamén na bici; ben, nesta cando te pos as pilas; as do cambio electrónico, claro.



Asinado: o siri do Iphone de Carlos Paz



Nota. Di Van Gaal, que non se admiten comentarios negativos, só positivos.