lunes, 20 de agosto de 2012

Ruta de O Pino

Bueno chavalada, un domingo mais volvemos a subirnos a bici. Este domingo despois de falalo moito fomos a Lavacolla, a terra de Suso Beis. Chego a casa de Jorge as 9, onde encontro a José por alí tamén, pero non nos acompañaría. Pouco despois empezamos a subir as bicis a C15 e alí aparece Andrés! Bueno, pois logo xa estábamos todos, arrancamos! 
Imos cara Lavacolla e parece que quere chover, no que nos pensamos "Bueno fixemos ben en sair en mtb". Pero o chegar a casa de Suso.. Unha temperatura boa sen frio nin calor, perfecta para sair, asique saimos da casa a un ritmo normaliño para quentar.
Comezamos no sentido contrario o Camiño de Santiago ata que nos desviamos por unha pista onde comezamos a baixar, seguimos baixando e llaneando e chegamos a unha zanja que nin diola! ala, a baixar da bici e cruzar. Seguimos llaneando e de repente ostión o peito!! Empezamos a subir, o gps de Jorge iba marcando o porcentaxe da pendiente 10%,12%, 13% ata que chegou o 15%, e non sei que distancia tiña pero pouca non era jajaja aqui foi onde empezamos a facer malabares porque aparte da pendiente que tiña eso as pedras sueltas tampouco é que axudasen moito. Unha vez arriba e reagrupados seguimos subindo pero non tan exageradas. Baixamos un pouco e encontramonos con un bastente lama, o cual nos dixemos "Vamos para a cuneta, non vaia a ser que manchemolas bicis.." e alá imos... Suso cruza ben, pero jorge, non sei que lle pasou, se lle dou medo baixar aquelel 15 cm de terra ou o que foi pero el das silvas non apartou, de frente contra elas! jajaja e despois solta Suso a frase do día "E que tes que facer un domingo a tarde? pois a quitar espiñas!" 
Logo deste leve percance paramos a comer algo, aqui foi onde flipamos cas Kcal que tiña a barrita de Andrés jajaja
O descansar un pouquiño fomos coller auga a unha fonte, onde nos sacou unha foto un peregrino que estaba empeñado en sacar a fonte na foto jajaja
Volvemos a rodar, pista ancha, altas velocidades... metemonos por un camiño e outra vez para abaixo, subimos un pouquiño por uns camiños estreitos e Suso case se escaralla intentando cambiar de carril jajaja Salimos deses camiños e collemos pista ancha, con velocidades de carretera case, e asi nos pasamos de cruce jajaja volvemos para atra e veña outra vez a mallar.
A partir de aqui todo camiño rodador excepto duas baixadas que eran camiños ratoneros. Por último collemolo Camiño de Santiago cara a casa de Suso onde  ibamos tan concentrados a roda que Suso (en cabeza) tibo que pegar un frenazo e a consecuencia desto Jorge frenou, eu tamen a duras penas e Andrés que viña atras frenou e como a él lle gusta dar espetaculo o tipo mandoulle alí un invertido que case acaba ca súa e ca miña vida jajaja
O chegar a casa de Suso lavamonos un pouco ca mangueira e tomamoslle algo.
o final saliron sobre 47 km, unha boa mañan de mtb e en boa compañía!
Abrazos!!!

Taboada

PD: Jory colga algunha das fotooos!
PD: Noraboa os do triatlon!!! E os que fixeron o camiño, que vaian facendo crónica!!

Triatlón Cidade de Ferrol

Buenor días chavalada! A ver se atendemos máis ó blog que ta abandonado perdido, moito debedes de tar adestrando... a ver si se nota o sábado!



Pois onte (Domingo) dous intrépidos OEA's (Sergi + Oscurito que escribe) xunto co peluquero máis coñecido do Pino, Cesar, fomos a Ferrol a competir un pouco neste triatlon.

Como non, na proba popular, en distancia mini-sprint porque nas outras non podemos (como me houbera gustado "competir" con JGNoya pero es lo que hai. Ás 7:45 veume buscar Sergi, e logo de preparar os bártulos poñemos rumbo cara Ferrol, non sen antes equivocarnos e parar nun mercadillo próximo porque Sergi "Ví una carpa azul y creí que era la mesa de inscripciones", pois non, era pa montar un puesto de bacalao.

Ó que ibamos, alí topamos con Cesar e aparcamos xuntos. Preparación de material (algo escasos de tempo). As dudas de neopreno si/no chegan ata o final. Rompenme tanto a cabeza que decido ir sin el. Hoxe ademáis decidín probar a deixar postas as botas nos pedales, pa facer as transicións like a pro. Dirixímonos para quentar á auga.

A verdade e que a mezcla de aceite/gasolina/auga de mar non era a ideal, pero mantíñase nunha boa temperatura. Alí estábamos, 107 valientes en fila mirando para a primera boya, e moitísimos máis espectadores animando. Arrancamos!

Houbo que correr 30 metros ata poder nadar, así que xa o fago mal e perdo moitos puestos, delao miña Sergi, e Cesar que decide tomalo con calma sale por atrás. Na primeira boya houbo de todo menos caricias. De ahí a segunda vou facendo máis eses ca unha miñoca borracha e perdo a estela de Sergi, que sale co grupo de cabeza. Eu na parte media sobrevivindo. Había que correr uns 400 metros ata a transición e salín medio aturdido.

Collo a bici e salto nela e engancho as botas como podo, pero gano bastante tempo. Ó contrario que Sergi, que saliu en dirección prohibida pola zona de transición e atropelou a todo canto neno atopou por diante jajajaja qué crack!. Bueno, xa tamos, outra vez toca remontar, penso. Así que velocidad de crucero e a mallar. na metade do circuito cruzome con Sergi que vai tirando do grupo de cabeza. Cawen! vai primeiro e eu aqui solo peleando contra o vento... pero rápido remonto postos ata alcanzar a dous tipos que van mallando moi ben e imos dando relevos. Fíxoseme corto pero remontei unhas 40 posicións, xa estaba casi diante de todo pero tocaba baixar da bike. De Sergi nin rastro ata a transición, que o vexo saír a correr. É o meu obxetivo.

Fago unha rapida transición e paso a un par de tipos correndo. Na segunda volta alcanzo a Sergio, que vai algo atascado, eu sentíame moi ben, a xente animaba e as sensacións eran boas. Ahora corríamos xuntos como os Bronwlee ata que consigo despegarme. Por momentos cruzámonos con Cesar que parecía levar un bo ritmo. Chego a meta 6 da general e 1º da categoría. Sergi 8 da general e Cesar 27, que para ser o seu primeiro tri non está nada mal.

O mellor foi vivir o ambiente que se mascaba alí, ó ir Noya sempre trae xente (como dirían os vellos) a verdade e que estas experiencias estanme gustando cada vez máis. Dentro de 2 semanas estaremos na distancia olímpica en Coruña, e a ver que pasa... será outro cantar.

PERO! Antes haberá que dalo todo nas 12 horas BTT de Carballo, prueba que se disputa este sábado e que iremos un bo feixe de OEAs! A seguir dándolle!

Oscarito! --

miércoles, 15 de agosto de 2012

NOSA SEÑORA


Pois para celebrar a Nosa Señora que mellor que unha saída mañanera en BTT con algúns OEA´S. O destino non estaba moi claro pero ó final tiramos dirección Picaraña e coa intención de non mollarse nada durante o recorrido. Panchito, oscarito, andresito, ito, manolito, e joryto


A subida ó picaraña fixémola por outro camiño un pouco mais longo rodeando este mismo, para desta forma darlle un pouco máis o pedal e de paso subir por unhas pendientes curiosas....jejeje Durante a subida os típicos apretóns protagonizados polas pernazas de Panchito e o anda adios xD de Ito. Oscarito con problemas musculares rezagado e o resto pouco a pouco ata arriba onde na casiña lle tomamos unha chikita. 
Dende aquí tiramos con intención de volver pola zona de Lampai cara as Galanas apretando e disfrutando as baixadas de ruta dos Monte Bravo e tamén algunha das subidas... Dende as Galanas, por certo que cantidade de cardos miña nai pola beira do río pekeno aquel jajjaja, fomos cara o Milladoiro con bo ritmo para coller o camiño Portujes e baixar para Vidán, onde de novo enganchamos camiño santiagués, esta vez o de Fisterra que nos devolvería a terras da Mahía escapando da chuvia durante todo o recorrido pero finalmente chegando secos ata o NEW YORK (patrocina esta sección) para tomarlle unhas tapiñas en compañía do Joyero que lle debeu cheirar o chouriso e o avogado jajajajaja, Unha boa mañan coma sempre.

BIKOS E ABRAZOS, NOS PES E NOS BRAZOS¡¡ jORY

lunes, 6 de agosto de 2012

III CRONOESCALADA OEA

Este domingo día 5 de agosto, e por terceiro ano consecutivo, organizamos a xa famosa cronoescalada ó alto de Mourentáns. Un recorrido de 3 km e pouco, que se tarda 13´de media en subir. 


Xa sabemos que en torno a 30 personas e un bo número e esa foi a cifra de inscritos case, para esta proba á que acudiron corredores das cabras, do padrones e algúns por libre, a parte de gran parte dos OEA´S. 

A proba comezou a eso das 11 da mañán, e logo de facer unha subida suave para conocer o terreo, o crono empezou a contar dende que saleu Alfonso. Cada dous minutos dábaselle a saída a cada corredor, tempo suficiente para que ninguén fose dobrado en teoría, ainda que houbo algún que outro que foi dobrado. A proba tiña algúns corredores que podían dar a sorpresa e que estaban nun bo momento de forma e outros que non tantoo. Para os OEA´S os meses de verán son os peores para competir jajaja (en carreiras, nos bares non hai que nos joda ehh).  

A clasificación xeral quedou da seguinte maneira: 
  1. Manuel Ces 10'56'' (1)
  2. Anxo 11´02´´  (2)
  3. David Noya 11´08´´  (3)
  4. Oscarito 11´20´´
  5. Carlos T. 11´22´´
  6. Suso Beis 11´32  (1)
  7. Jory 11´58´´
  8. César 11´59´´
  9. Sergio 12´06´´
  10. Pekeno 12´11´´
  11. Angel 12´16´´  (2)
  12. Roberto Paz 12´23´´
  13. Alberto Gómez 12´25´´
  14. Manuel Bouzas 12´26´´
  15. Panchito 12´35´´
  16. Ito 12´51´´  (3)
  17. Carlos D. 12´52´´
  18. Andrés 12´54´´
  19. Juan 13´04´´
  20. Ramón Vilouta 13´06´´
  21. Miguel Blanco 13´52´´
  22. Pato 14´00´´
  23. Alfonso 16´27´´
Unha vez rematada a proba baixamos todos cara a linea de saída e alí picamos unhas pizzas e unhas empanadas cuns refrigerios, mentres barullabamos sobre os tempos e demais historias que se nos iban ocurrindo. A parte aproveitamos a ocasión para celebrar o cumpreanos de un membro OEA, Carlos D. que foi agasallado cunha rosca e un brazo de gitanillo. 



Sen máis darlle as gracias a tódolos OEA´S que se pasaron e presentaron na proba e ós demais participantes. Contamos con vos para futuras edicións de eventos OEA. 

Un saúdoo

miércoles, 1 de agosto de 2012

CRONOESCALADA OEA 2012

DOMINGO 5 AGOSTO
10:00 A.M.
SUBIDA ALTO DE MOURENTÁNS

Pois eso señores, o próximo domingo alí estaremos preparados para loitar contra o crono nunha subida divertida na que esperamos que cada un de todo o que poida. Como xa sabedes a saída e da urbanización que está xusto na rotonda que da acceso á urbanización de AgroNovo e Monte Devesa. Quedaremos alí para preparar todo o chiringuito e facer unha subida de recoñecemento para a continuación dar a saída dos participantes cada 2' 

En principio os anos anteriores fixemos duas categorías, ata 35 anos e de 35 en adiante. Supoño que manteremos eso, de todas formas arreglámolo na saída o tema das normas etc. 

Ó finalizar coma sempre picaremos algo e botaremos unhas risas. 

Pode participar quen queira, so necesita casco e sentidiño, que a carretera estará aberta ó tráfico. 

Anotádesvos poñendo un comentario, mais que nada para saber con canta xente imos contar. Se por un casual nos xuntáramos xente miraríamos de aplazar o tema pero MALO SERÁ¡¡ 


martes, 31 de julio de 2012

XC Sanxenxo

As 2:45 chego o Monte do Con, Sanxenxo (de onde saleu a Transgalaica), porque supostamente as 3 abrian as inscricións. Asique saco bici preparoa e dispoñome a dar unha volta o circuito... "Non creo que teña moita pendiente" pensei... que iluso son jaja o circuito empezaba llaneando, ata chegar a unha baixada de terra solta e moooita curva (como todalas baixadas) salimos desa baixada e collemos baixada-llaneo por pista ancha e de pronto empeza a picar algo para arriba, aquí empezaria a primeira subida, que non tiña moitas dificultades. Despois desa subida empezas a baixar de novo por outro camiño estreito de terra solta e con moitas curvas de dios.
O pasar un regato despois desta baixada empeza o tema.. as subidas empezan a picar para arriba ata o punto de chegar a unha parede con terra solta... intento subila e RAS patiname a roda pois nad empuxo 10 metros da biici e veña que queda circuito por ver, decir que o circuito tiña 7,4 km, que non é pouco..
Seguimos subindo ben, subida "normal" e volvemos a baixar por unha baixada igual que as anteriores. Salo a un camiño ancho e volvemos o mismo, subir cara arriba, cruzo carretera e a 50 metros outra parede con terra solta, ainda que esta era algo mais dura tiña mellor tración e polo tanto puiden subila. Seguimos andando, llaneando neste caso, e volve a picar un pouco cara arriba pero pronto amaina a cousa e ven unha baixada bastante rapida na que sales á carretera e chegas a meta.
Pois logo de dar a volta o circuito fun inscribirme e descansar que xa solo faltaba unha horiña..
Enchemos bidón, collemos vitaminas, limpamos gafas e poñemos guantes e GO!! Salimos a fuego como de costumbre, pero eu non me quento que o circuito é largo. Vanse collendo distancias, e situamonos. Voulle pasando a alguns Elite e Seniors rezagaos, e vanme pasando alguns dos Master-30, que como andan esos homes!! Por sorte terminei a carreira, xa eran horas !! jaja e en 3º lugar!! e moi contento cruzo a meta.
Decir que chegei e parecia un moro do polvillo jaja



E aqui chegamos a entrega de trofeos, porque tamen se acababa o Open Galego. En primeiro lugar, noraboa a Jory porque quedou 2º no Open!!!
Eu fun quedei 3º nesta proba e 5º no Open, que xa é bastante bo posto para o que fixen.. jaja
Un abrazo chavalada!

PD: A ver se se anima algén mais para o ano a competir que é unha experiencia boa ;)

lunes, 23 de julio de 2012

XII Triatlón cidade de Pontevedra.







PUM! pistoletazo de saída! como a vos, así me colleu a salida do tri de Pontevedra deste pasado Sábado. 14:50, sol de justicia, neopreno que me fai derretirme nos momentos previos á natación. Pero nun abrir e pechar de ollos, xa estábamos os valientes dirección á primeira boia. 

Máis que nadar, como sempre, a hostia limpia. Esta vez a premisa era clara: forzar e sair bastante adiante. Nos primeiros metros un rapaciño dos que nadan a dios, dame un codazo e quítame as gafas. Vai ser interesante. Rezágome un pouco e quedo en terra de nadie. Vamos! apreto e consigo chegar detrás do primeiro grupo, de 13º según os tempos.

Transición. Corro como un pato. Chego a bike e inicio rutina. Había decidido facer como en Poio e correr os 10 metros de transición coas zapas postas en vez de montalas a lo "pro". Error! había que correr máis de 100metros porque nos fixeron dar a volta toda por fora. Ala van as calas Keo po carallo e con elas uns valiosos segundos. Non me desespero porque sei que ahora empezaría o bo.

Pasanme dous na transición. Vou de 15. Apreto en bici e vou pasando xente. Rodei en solitario en todos e cada un dos 10km mentras adianto oponenetes ata que cheguo á cabeza. Diviso ó trio que comanda e son 3 chavales a relevos. Non é a miña guerra si quero correr medianamente decente asi que os últimos metros afloxo. Vou 4º.

2ª transición. Baixada da bici a lo pro pero cas botas. Casi me escarallo ó pisar un paso de cebra. Ánimos de los presentes. Tanto ánimo que cometo a típica e xa comun globerada en min: pásome o meu box! "merda oscar" penso. Pero non é o momento de mariconadas, volta atrás. Adiántame un.

Deixo a bike. transición boa e salgo a correr os 2500 metros. O circuito era mitad picar para arriba, e mitad para abaixo. Non se cumplira o primeiro km pasame un tipo todo follao. As pernas non queren ir. Morro coa sede. dou pasitos en vez de zancadas.

Miro para atrás e véñenme unha jauría de xente. Merda outra vez. Puta transición. E ademáis que eu nunca suelo correr... joder que mal pinta esto. Pero non lle iba regalar nada a ninguén. Apreto, recupero o ritmo. Automotívome e xa estamos no giro intermedio. Dios que solazo ás 3 e media da tarde... Gestiono a distancia co grupo perseguidor. Ánimos da xente. Apreto. Máis ánimos. Entrada triunfal.

Tardei algúns momentos en que me empezara a traballar a cabeza. Sentome e descanso. ó final 6º da xeral e 2º da miña categoría (absoluta masculina). Espero con Popi, colega co que vin desde Santiago. El entra máis muerto e pola metade, de 30 creo. Debutaba e non o fixo nada mal. Ánimos das amigas Lucía e Sandra que me animaron durante todo o percorrido. Gracias.

Pasamos de lado dunha carpa de masaxes... e decimos "Porqué no?" e fixéronnos así por que si un masaje completo a 4 manos de todo o corpo durante media hora. qué mais se pode pedir? Bueno, as cervezas que lle metimos pola zona vella de Pontevedra e o paseito tampouco tiveron precio! Sábado redondo!

Conclusión: esto dos tri mola. ir a tope todo o tempo... en 3 deportes distintos... mola. A satisfacción de rematalo non ten precio!! E os ánimos da xente o ser proba clasificatoria para o camp. español e correr a misma proba que os grandes como os que van ós xogos de London, Saleta, etc. non ten prezo.

PD: ó dia seguinte papamos 115km en carretera cos OEAS. No momento parecíame unha boa idea o do masaje. Pero cagueime en todo pa dar acabado a ruta en carretera... suputamadre!

Un abrazo OEAS! Oscurito!