Qué¡, xa descansastes da crono, nocturna, partido de España....?? Vaia finde eh.... A verdade e que foi intenso intenso, e moi positivo. Vamos por partes xa que foron varias as citas dos OEA´S.
- XC CASTRO BARBUDO (TARAGOÑA) Open Galego XC
- IV NOCTURNA OEA
- I CRONTRARRELOJ CASTROFEITO by Suso Beis.
XC CASTRO BARBUDO (TARAGOÑA) Open Galego XC
Pois a fin de semana comeza en terras do Barbanza, mais concretamente en Taragoña, mais concretamente no monte do Castro Barbudo. Era a primeira vez que se organizaba unha proba de rally neste circuito e quixeron facer un recorrido técnico técnico e..... conseguirono. Personalmente, algunhas das baixadas vinas demasiado perigosas, sobre todo a que baixaba dende o alto do monte unha vez que chegabas arriba de todo. Esas pedras con escalóns, esas baixadas sen apoyos, pffff. Pero bueno era o que había. A subida larga e tendida sen complicacións.
As primeiras voltas foron algo complicadas debido á cantidade de xente que había polo trazado e que facían as voltas bastante pesadas. Pero pouco durou a festa xa que na segunda volta e nunha das zonas mais complicadas sufrín unha aparatosa caída ó bater coa rodilla esquerda contra unha pedra. Son desos golpes sen ferida pero que dan no oso e pfff alí quedei 5 minutos ou mais sen poder mover a perna. Gracias á xente que me axudou a moverme ;) En quente parecía que a dor pasara e volvín arrancar cunha rabia.....e case caio de novo. Por eso me dixen, calma, que hai que acaabar, as carreiras son moi longas..... O dito. Seguín correndo e co obxetivo de manter a 3ª posición que volvera a conseguir. Cada vez o circuito estaba algo mais traballado e xa se conocían mellor as baixadas pero ainda así....
Quero aproveitar dende aquí para mandarlle ánimos a Nando que nesta carreira sufriu unha caída moi moi aparatosa e tivo que ser trasladao ó hospital. Por suerte O CASCO fixo o seu traballo e agora esta na casa, eso sí, todo escarallao.... pero sen nada roto. USADE O CASCO SIEMPRE¡¡¡¡¡
Continuo, na última volta sentinme algo mais fuertes que nas anteriores e dixen, ala vou, a dalo todo, e con moita cabeza subin o ritmo nas subidas e controlei nas baixadas cando de supeto na ultima subida vexo ó que iba 2º clasificado, Borja de Castro Barbudo. A verdade e que se coñecía o circuito como a palma da súa man e vaia carreira que fixo, si señor¡¡¡ Noraboa. O dito, vino, e dixen a por él. Conseguin adiantalo e separarme de el o necesario para entrar na meta en 2ª posición e rematar enteiro de corpo e bike.
E como non darlle as gracias a SUSO BEIS por vir a vernos, sempre dá ánimos ver a xente do club animando...
Fdo. Pekeno
I CONTRARRELOJ CASTROFEITO
Bos medio-días a todos corzos! Recollo o testigo do meu compañeiro PekenoSaltón e vou intentar narrar a experiencia da 1ª Contrarreloj Castrofeito, que corría da man de Suso Beis.
Os invitados eran moitos, e fletamos diversas furgallas de autónomos para ir cara alá. Algún como Angel non se debía ver cheo que foi en bici ata alá pa ir quentando. Entre pitos e flautas, e aparcar e desmontar, e risas con uns risas con outros, vaisenos a cousa a casi as 11. O tempo era perfecto, nublado, así que a nadie lle iba a saltar o termostato polo clima.
Formamos pelotón do que falta Jory que por caer non estaba operativo, así que levou a furgalla de apoyo no que sería a volta de quecemento/recoñecemento do trazado argallado por Suso. Casi todos ibamos memorizando as pendientes, os cambios, o vento, etc. Eu disfrutei moito de rodar así casi 20 tipos con furgalla de apoyo detrás. Parecíamos un peloton UCI PRO-TOUR.
Un total de 18 km que ben se poden resumir en 4 sectores: o primeiro de llaneo picando para abaixo moi moi rápido, para coller un cruce que nos leva a unha zona de 2 repeitos de potencia cortos. A terceira parte ata chegar á subida un pouco rompepiernas e despois un colofón de 3km de subida tendida para acabar na rotonda.
Sin máis que comentar, porque cada un faríao ó seu ritmo dentro de estar mais ou menos entrenado. Eu non estaba moi entrenado a verdad, pero o trazado íbame moi ben a como son eu. O resto? mellor mirar os tempos:
Clasificación General: 1º M.Prado, 2º SusoBeis, 3º Oscarito,
Angel, J.Rouco, Mon, Sergio, Ito*, Panchito*, Pato, C.Taboada, Andrés, Carlitos*, Pekeno*, Carlos, M.Vilacoba, Su Presidencia.
Algunha que outra sorpresa tanto positiva como negativa que non vou entrar a valorar... jajaja eu vou falar por min e digo que me jode que se me escapara Suso por 14seg. Prado foi unha apisonadora sin rival, cun tempazo. Hai moita xente na zona media da táboa o cal indica que andamos todos moi parexos de nivel.
En Cat A Sub-35: Oscarito-Mon-Sergio
En Cat Máster: M.Prado-SusoBeis-Angel
E despois de intercambiar impresións, coller aire, e gardar as bicicletas... a encher o bandullo! Vaia picoteo que nos tiña reservado Suso, con boas vistas e un tempazo, así da gusto facer eventos!! Gracias ós de fóra por vir compartir a mañá, e gracias a SusoBeis por prepararnos algo tan tan chulo, que creo que que se vai convertir nunha fija no club.
Un saludo a todos e a darlle ó pedal!!! (Carballo se acerca...)
Oscarito! --
18 comentarios:
ENHORABUENA, primeiro a jorge por el 2ª puesto. Creo que le circuito era de aupa, asi que mas merito tiene, menuda temporada de estas haciendo. A SEGUIR ASI
Se queres vou correr por ti as probas que queden. Non garanto podiums nin caídas, pero algunhas risas si jajaja.
Se queredes eu fago a crónica de susobeis, pero ¿Quen fai a crónica da nocturna? Ito? Carlitos? Andrés? Joyero? Juan? etc? Ay no! que non viñestedes... jajajajaja
É coña, e por darlle un toque de humor. Hala, a seguir dándolle ó pedal e ó que se tercie! abrazos!
Boa cronica hory.
Gracias chavales!! Claro que foi unha temporada boa e se todo vai ben esta semana irei o campionato galego de xc en maceda. Ainda que non sei.... A rodilla esta bastante tocada.
Ok. A cronica da nocturna a ver se se presta algun dos que foi. PEKENO????
Abrazooo
Crónica dunha caída anunciada ???! Veña que a fago eu !
Eu quero dar a noraboa por ese 2° posto a jory, gran currante e sufridor, pero tamen a carlos,que a pesar de non acabar, (faltalle ese punto de sufrimento e fotaleza mental que seguro conseguira pronto) dou tres voltas o circuito, que eu fixen as zonas jodidas a pe e dou fe que ACOJONABAN. Eu creo que mais da metade da xente caeu agunha vez, eso non eran trialeras, eran acantilados!!! Da crono decir que quero facer de ese evento o mais esperado do ano, ainda que namais sea polos pinchos de despois, OSCARITO,CRONICA!!!
como mola a foto estilo "quinceañeras"
Noraboa jory,pequeno e jory a recuperarse,boa crónica síntomas non poder asistir os eventos pero o chollo e o chollo
Moi boa cronica pekeno. Mira ti que curioso, unha marcha que en principio non prometia nada,o final houbo caidas,amagos de caida,ataques wapos no puerto, alguns que baixaron a velocidades de vertigo, outros que baixaron por trialeras na compania dun porco teixo, pinchazos, piques nas baixadas por asfalto...faltounos atopar petroleo!!
a ver esa crónica dA CRONO DE SUSO BEIS JEJEJE
FDO. jory
Moi bien narrado amigo Oscarito, agora imaxino que quereras tomar cumprida venganza na cronoescalada, cousa que tentarei evitar por todolos medios, legais,(entrenando moito moitisimo) ou ilegais, (doparme ata as orellas). Por outra parte,alegrome que vos gustara o evento, para o ano tentaremos melloralo. UNHA APERTA
Suso, e como pensas melloralo ? Difícil, polo cal eu che dou a opinión de que unhas boas azafatas que estean na salida, estilo Moto GP cos seus paraugas e todo eso jejejeje
Apoio a proposta do pekeno por unha cez ba vida jajajjaja. No en serio estivo way e eso que eu solo o vin desde o posto de comisario eh xdd
Apoio a proposta do pekeno por unha cez ba vida jajajjaja. No en serio estivo way e eso que eu solo o vin desde o posto de comisario eh xdd
o día que deixe de pensar...jajaja creo que hai presentar a proposta ao Presi, que non creo que diga que non, e se hai que facer o casting, faise un esforzo para buscar chavalada jejeje :)
ah hostia!!! que se me olvidou! de quen é un bombín de carbono de carretera?? apareceu entre as miñas cousas na furgalla de panchito o dia da crono, si sabedes de quen é teñoo eu. abrazos
Meu...jajaja
Vai haber cronica de domingo??? Abrazooos
quedou encarjao o "rapas" (taboada) a ver si fai hueco e redacta xD
Publicar un comentario